O PP de Lugo responde ao bipartito que «se non cubren o posto do encargado do Parque Infantil é porque non queren»

por Redacción Lugo

O vicevoceiro popular Enrique Rozas afirma que neste momento no Concello de Lugo hai persoas coa titulación específica que se require para desempeñar o posto de encargado do Parque Infantil que quedou vacante no mes de decembro
• Para os populares a resposta do goberno local sobre a parálise das actividades de Educación Vial nestas instalacións é pouco crible, moi rebuscada e patética” engadindo que “o único que demostran coas súas declaracións é un descoñecemento inaceptable sobre o persoal que hai a casa”

OPOSICIÓN PROPOSITIVA

• Os populares, cun ánimo construtivo alertaron desta situación, e indican que pagou a pena a denuncia pública xa que conseguiron que reaccionasen e se acordasen “da importancia de manter as actividades de seguridade vial que viñan desenvolvéndose dende hai 27 anos nestas instalacións para a rapazada de Lugo”
• “Para o PP a seguridade vial é unha prioridade” lamentando que “o goberno local mire para outro lado e que en vez de potenciar esta formación deixen esmorecer esta infraestructura que no seu día foi un modelo a seguir noutros puntos de España”

 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario