Rubén Arroxo, Maite Ferreiro e Jacobo García presentan o XVIII Concurso de Tapas

por Redacción Lugo

O concurso de tapas de Lugo terá lugar do 3 ao 19 de novembro

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto ao secretario da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Jacobo García, presentaron a XVIII edición do Concurso de Tapas de Lugo, que este ano se celebrará entre os días 3 e 19 de novembro.

Maite Ferreiro puxo en valor a importancia dun certame que celebra este ano a súa 18 edición, e que da unha importante promoción á cidade de Lugo e á hostalería local. A concelleira agradeceu aos establecementos participantes «o seu esforzo en buscar cada ano novos traballos con produtos locais».

O prazo de inscrición para os distintos locais estará aberto entre o 1 e o 15 de setembro, toda a información sobre as inscricións pode obterse contactando por correo electrónico coa apehl no enderezo comunicacion@apehl.org ou no teléfono 982 226 912.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario