O Grupo Socialista denuncia o «cinismo político» da Xunta por criticar retrasos na A-54 mentres eles paralizaban máis de 4 meses un permiso imprescibdible para avanzar coas obra

por Redacción Galicia

A portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Patricia Otero, vén de denunciar no Parlamento o “cinismo e hipocrisía” políticos do PP e o goberno galego logo de constatar que bloquearon as obras da autovía Santiago – Lugo durante catro meses e medio para acusar ao goberno central dos retrasos durante a campaña electoral.

Otero presentou unha batería de iniciativas parlamentarias logo de facerse público que Augas de Galicia, un organismo dependente da Xunta que regula as concas fluviais, bloqueou dende abril ata o pasado 30 de agosto o permiso para o retranqueo do río Ladrón. Este permiso, solicitado polo goberno central no dito mes de abril, era clave para avanzar nas obras dun viaduto no tramo Arzúa – Melide da A – 54.

A parlamentaria socialista critica a “cara dura política” do PP e do goberno galegos, que empregaron o retraso da obra que eles mesmos estaban a provocar como argumento electoral contra a xestión do goberno central. Lembra que esta infraestrutura, esquecida polo PPdeG durante o mandato de Rajoy, foi empregada como eixo dunha campaña dende setembro de 2022 terxiversando a realidade dos feitos contra a xestión do goberno central.

Patricia Otero censura o empeño do PP en “agochar a súa verdadeira intención de bloquear calquera avance nas infraestruturas” para Galicia e neste caso para a provincia de Lugo con mostras de “política burda de baixo nivel” coa que “o único que conseguen é prexudicar á cidadanía».

Permiso

A parlamentaria socialista critica o “desleixo das obrigas e ineficacia administrativa” amosada polo goberno galego, que paralizou o dito permiso ata poucos días despois de que saíra á luz pública, mentres o Ministerio de Infraestruturas comezaba cos traballos de desvío do cauce do río ao día seguinte de recibir o permiso por parte de Augas de Galicia.

Advirte que o proxecto presentado a Augas de Galicia en abril prevía facer as obras durante os meses de xullo, agosto e setembro, por ser os que teñen mellores perspectivas climatolóxicas, pero xa será imposible pola incapacidade da Xunta de Galicia. Agora a parlamentaria socialista pídelle á Xunta que «actúe con celeridade”, sinaladamente nas autorizacións que lle corresponden para as obras do Estado en Galicia que precisen de autorización do goberno autonómico.

 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario