O futbolista andaluz xa estivo presente o pasado sábado nas bancadas do Estadio Anxo Carro no partido ante o CD Lugo.
Esta mañá, o novo centrocampista branquiazul arrincou a sesión co resto dos seus compañeiros no primeiro adestramento semanal; e a continuación seguiu cun plan personalizado baixo a supervisión de Álex Canosa, readaptador do primeiro cadro.
O pasado xoves, en rolda de prensa, Imanol Idiakez manifestou que é «un xogador moito máis que contrastado. A súa carreira deportiva fala por si soa. Toda a súa carreira, pero especialmente nos últimos anos, é un experto en ascensos. Ten unha calidade indubidable e se está ao nivel dos últimos anos vainos a achegar moito».
Resaltou que «vén con toda ilusión a sumar, a achegar o seu granito de area no proxecto, cunha ilusión para volver para conseguir outro ascenso e un que sería moi importante para o Deportivo».
O corpo técnico branquiazul expuxo a xornada de hoxe luns como recuperación para os futbolistas que foron titulares o pasado sábado en Lugo. Este grupo completou o quecemento e os rondos; e acto seguido retirouse ao vestiario para realizar tarefas de recuperación entre o ximnasio e a padiola de fisiorerapeutas.
Para os demais, incluídos a canteiráns Barba e Nájera, houbo unha tarefa de posesión, un exercicio de evolucións en ataque e fútbol reducido para concluír.
Yeremay, cunha contusión nun xemelgo do partido ante os lucenses, só traballou no ximnasio.
Mañá martes hai xornada de descanso. O equipo regresa á Cidade Deportiva o mércores 6 de setembro ás 10:30, con almorzo previo a partir das 8:30, para comezar a preparar a 3ª xornada de liga no grupo 1º de Primera Federación, o domingo 10 de setembro ás 19:30 en ABANCA-RIAZOR (FEF.TV) ante o CD Teruel. O mércores tamén haberá comida obrigatoria en Abegondo para todos os futbolistas.