Expectación no PP polo compromiso adquirido hoxe do bipartito de incluir no programa do San Froilán algunhas das súas achegas

por Redacción Lugo

Os populares agardan que o cambio de actitude de socialistas e nacionalistas na Comisión de Festas “non sexa unha operación de maquillaxe para vender un consenso ficticio e ocultar a improvisación coa que organizan as patronais de Lugo”

Javier Vázquez recalcou que “o feito de que hoxe nos comunicasen que aceptan algunhas das nosas suxestións para incorporar ao programa non varía o plantexamento que temos no Grupo Municipal do PP de que “este non é o noso San Froilán”.

“Queremos ser prudentes e agardar a que se confirme, na próxima xuntanza do 21 de setembro, que se materiralicen os compromisos adquiridos hoxe e que este cambio de estratexia do bipartito non sexa outra cortiña de fume para aparentar que a participación na Comisión de Festas é real”.

Os populares están preocupados porque  “a un mes das patroais non está pechado o programa e apenas hai tempo para deseñar un programa acorde a un dos eventos máis senlleiros da nosa cidade”.

Irregularidades e escasa promoción

Os populares tamén puxeron de manifesto irregularidades na contratación por parte do bipartito en cuestións como a maquetación, edición e impresión de programas das festas xa que se “prorrogou o contrato á empresa fóra de prazo”.

Para os populares éste é un novo exemplo de falta de previsión e xestión, xa que este tipo de prácticas deberían ser excepcionais e non habituais como pasa no concello de Lugo”.

A empresa solicitou a prórroga do contrato en xaneiro e a concelleira responsable de cultura non emitiu o informe favorable ata xullo o que motiva “que se pague con reparos de legalidade”.

Esta fórmula de traballar repercute de forma negativa na promoción das patronais xa que estamos a  un mes das patronais e ainda non hai non hai programas, nin se coñece o cartel completo das actuacións.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario