O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou esta mañá a 17ª edición do Outono Gastronómico de Turismo Rural, un programa que combina gastronomía, natureza, actividades turísticas complementarias e estadías en aloxamentos de turismo rural nas catro provincias. Nesta edición, que se celebrará entre o 15 de setembro e o 17 de decembro, increméntanse o número de aloxamentos adheridos ao programa, un total de 79, dos que 24 están na provincia da Coruña, 22 en Lugo, 17 son de Ourense e 16 son pontevedreses. Castro.
Acompañado do alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, do de Fegatur, Francisco Almuiña, así como da deputada provincial de Turismo, Nava Castro, o director de Turismo de destacou o feito de que este ano o programa se promovera durante a época estival, a través do bus promocional que fixo paradas en 14 areais de toda a costa galega co que “pretendiamos dar a coñecer este programa tan consolidado entre os visitantes de verán, dándolle continuidade á campaña de verano e dinamizando a demanda turística nas áreas rurais a través dun programa de gran éxito”, explicou.