O «Instituto Nacional de Estadística» recolle que xa son 37 as nenas, rapazas e mulleres que levan o nome da extinguida LAGOA DE ANTELA en diferentes puntos do territorio galego, segundo datos recollidos polo historiador limiao Edelmiro Rodríguez Cerredelo
Todas elas atópanse en Galicia; máis da metade delas na provincia de Ourense e o resto repartidas entre as da Coruña e Pontevedra.
Aínda que Antela é o hidrónimo da antiga lagoa da Limia, non se comezou a utilizar como nome de persoa ata hai moi poucas décadas. A idade media das «Antelas» é de 16 anos e medio.
Ogallá, segundo o erudito limiao «as cegoñas» traian moitas máis nenas con este fermoso nome galego no futuro.
A vella Lagoa abarcaba terreos situados en cinco concellos da comarca da Limia ata a súa desecación iniciada en 1958 e terminada a principios dos anos 60 do pasado século.
Este humedal ubicábase a 615 metros de altitude, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho. Tiña unha profundidade media 0,60 metros e nalgunhas pozas chegaba incluso a os 3 metros.
A súa polémica desecación, ordeada polo goberno de Francisco Franco, acabou cun ecosistema único pero converteuse en terreos agrícolas que son a base actual dunha das bisbarras de maior potencialidade no sector primario de Galicia.