Un novo ataque frontal ás Comunidades de Montes Galegas

por Redacción Galicia

Ven de rematar a consulta pública do chamado Libo Branco sobre a reforma da regulación  dos montes veciñais en man común de Galiza Libro Branco elaborado pola Consellaría do Medio Ruralpara a reforma da lei de montes veciñais en man común. A Organización Galega de Comunidades de Montes presentou achegas a este Libro Blanco, xa que considera que conten un ataque frontal ás Comunidades de MontesPara a ORGACCMM reforma da lei de montes veciñais en man común que pretende levar adiante a Consellaría do medio rural e lesiva de tal profundidade que ata reflexa claramente a pretensión de eliminar o carácter xermánico da titularidade veciñal, para convertar as terras comunitarias en titularidades de carácter privado e así poidan ser acaparadas por intereses empresariais alleos a veciñanza comuneira.

O chamado Libro Branco posibilita deixar fóra da lexislación de montes veciñais aqueles montes que, segundo o criterio da Consellaría do Medio Rural, non teñan aproveitamentos forestais. Tamén reflicte que poida adquirir a condición de veciñanza comuneira persoas que no vivan no lugar. aldea ou parroquia onde se asenta o monte veciñal. Así como dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica como paso previo a privatización dos montes veciñais.

A ORGACCMM denuncia que o texto proposto pola Consellería tamén prantexa a legalización das usurpación dos montes veciñais en man común levadas adiante na ditadura franquista cando, no canto de dicir, como seria de xustiza, que todos os actos e negocios xurídicos levados adiante antes da recuperación dos montes veciñais pola veciñanza comuneira ,serán declarados nulos de pleno dereito .

Pola contra, di «analizar a situación dos actos de disposición realizados segundo  marco vixente con anterioridade a clasificación  como montes veciñais en man común. mantendo a súa firmeza, sen revisións contractuais» . E mesmo prantexa novas usurpacións dos montes veciñais cando di que aqueles montes veciñais que non constitúan a comunidade de montes pasarán a ser de titularidade dos concellos.

Para a Organización Galega de Comunidades de Montes o chamado Libro Blanco é un ataque ao funcionamento democrático, asembleario e participativo das comunidades de montes. Para eliminar este funcionamento prantexa darlle capacidade executiva aos presidentes/as das comunidade de montes por riba dos  acordos asemblearios. Tamén propón eliminar quorum e reducir o réxime de maiorias para a toma dos acordos co fin de que nos actos de disposición sexan os beneficiarios os intereses empresariais e industriais que pululan arredor dos montes veciñais.

«Curiosamente esta reforma non prantexa ningunha función da Consellaría do Medio Rural respecto os montes veciñais. Deixa da facer os deslindes, elimina os xurados de clasificación dos montes veciñais, elimina a xestión cautelar naqueles montes veciñais en situacións transitorias. deixa de velar pola defensa da integridade destes terras comunitarias,… Este liberalismo falso da Consellería do Medio Rural ten un claro obxetivo, que non e outro que deixar en total indefensión a veciñanza comuneira para que as súas terras comunitarias poidan ser facilmente acaparadas por intereses capitalistas, especulativos e urbanisticos», subliña Xosé Alfredo Pereira, presidente da ORGACCMM.

Ante este texto tan lesivo, a Organización Galega de Comunidades de Montes presentou no Consello Forestal de Galiza 27 achegas  ao Libro Branco. O cerne destas achegas presentadas atopase en que se recoñoza a titularidade veciñal como unha máis, distinta e en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas, que se reforce o carácter xermánico dos montes veciñais e que as comunidades de montes, de xeito democrático e asembleario, teñan plena capacidade de decisión sobre as súas terras.

As medidas propostas son as mesmas que contemplaba a lei de montes veciñais en man común presentada mediante unha Iniciativa Lexislativa Popular. Unha ILP que foi rexeitada polo Partido Popular, a pesar de estar avalada por máis de 12.000 sinaturas. Son as mesmas que nestes momentos están sendo apoiadas por entidades relacionadas cos montes veciñais.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario