Carmen Dacosta reclama mudar o modelo actual das brigadas municipais conveniadas coa Xunta por un servizo “único, estable, profesional e equipado”

por Redacción Galicia

Denuncia que a «desastrosa» xestión do goberno galego provoca que só se constituíran 151 brigadas de prevención de incendios, fronte ás 253 de 2016

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, esixiulle a Medio Rural que actúe ante a situación “desastrosa” provocada pola falta de xefes das brigadas de prevención de incendios. Dacosta presentou unha pregunta en Comisión na que alertou de que a falla de persoal e as condicións precarias dos brigadistas impide aos concellos constituír estes dispositivos, pasando de 263 brigadas do 2016 a só 151 neste ano.

Dacosta insta ao goberno a mudar o modelo de oferta de convenios aos concellos de brigadas de incendios cara un servicio “único, estable, profesional e equipado” dependente do goberno galego. Denunciou que ano tras ano redúzanse o número de brigadas “sen que a Consellería mova un dedo” para mudar este modelo que fracasa, como indicaba o informe de expertos realizado a raíz dos incendios do 2017.

A representante socialista responsabilizou á Xuntas desta situación “lamentable”, que aboca a afrontar os lumes con brigadistas formados por un curso formativo de dezaseis horas presenciais, formación insuficiente para tan alta responsabilidade.

A parlamentaria ourensá lembrou que  debido a esta precariedade xa en 2017 detectouse a falla de dispoñibilidade de xefes de brigadas, que fixo que moitos concellos non puideran constituílas. Proba dilo, é a zona de Monterrei, na que no ano 2022 alertouse da redución das brigadas de incendios, especificando que Verín, Castrelo do Val e Laza non se adhiren ao convenio da Xunta de Galicia por dificultades para asumir a contratación.

“Este ano 2023, máis do mesmo”, engadiu, o goberno galego deixou que este ano pasara o mesmo en concellos como Lourenzá, onde localidades coma Ourol, Foz e O Vicedo non puideron realizar a contratación por falta de xefes de brigada e nalgún caso foron constituídas e aos poucos días desmanteladas por canto o xefe de brigada deixou o seu posto e o municipio non conta con outro traballador ou traballadora que o substitúa.

Sinalou que os labores de vixilancia e defensa contra incendios é financiado pola Xunta de Galicia na que a  Consellería de Medio Rural ofrece anualmente ás entidades locais colaboración económica para financiar a contratación de brigadas para desenvolvemento de labores preventivas, de vixilancia e defensa contra incendios forestais.

Os concellos están de forma continuada asumindo competencias impropias, dixo, engadindo dificultades á xa complicada situación que están a vivir nos últimos tempos e agora agravadas cunha carga financeira cada vez maior. Denunciou as deficiencias que estes convenios adoecen e a carga que sofren que os alcaldes e alcaldesas ao ocuparse de encomendas que non deberan ser da súa competencia.

Carmen Dacosta esixe ofertar o convenio as entidades locais só para labores preventivas, cunha duración mínima de 6 meses. Insistiu ademais na importancia de dar os pasos necesarios para mudar o modelo de ofertar convenios aos concellos de brigadas de incendios cara un servicio único, estable, profesional e equipado dependente do Goberno galego.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario