Isabel Rodríguez destaca en Lugo o impulso do Goberno para facer fronte ao Reto Demográfico

por Redacción Lugo

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, asistiu hoxe en Lugo, xunto ao secretario de estado para a Unión Europea, Pascual Navarro; ao secretario xeral para o Reto Demográfico, Francesc Xavier Boya; á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e ao deputado provincial, Pablo Rivera, ao foro que acolle a cidade sobre envellecemento e despoboamento con motivo da Presidencia española da Unión Europea.

Isabel Rodríguez analizou as propostas e solucións dos debates postos enriba da mesa polos diferentes profesionais e autoridades participantes nos paneis. Deste xeito, a subdelegada destacou o impulso do Goberno para facer fronte ao reto demográfico e incidiu que estas aportacións “axudan a debuxar no horizonte un tema tan relevante para a provincia de Lugo”, que conta cunha das poboacións máis envellecidas de España, un problema agravado polo éxodo do rural, que está a provocar unha perda de dereitos e servizos básicos, necesitando dos proxectos e solucións debatidos nesta cita.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario