O PSdeG de Abegondo propón unha reunión coa veciñanza sobre a subestación eléctrica para “actuar en función do que esta reclame”

por Redacción A Coruña

O voceiro socialista no municipio, Jairo Bello, amosouse “totalmente solidarizado con todos os veciños e veciñas afectadas” polo proxecto de instalación da subestación en Folgoso por parte de Red Eléctrica

O PSdeG-PSOE de Abegondo solicita, dentro do prazo de actuación para a instalación da subestación eléctrica na parroquia de Folgoso, unha reunión con toda a veciñanza para coñecer a súa opinión e actuar en consecuencia.

O proxecto de instalación desta subestación por parte de Red Eléctrica Española recibiu o rexeitamento de todos os partidos representados na corporación municipal.

Os tres grupos políticos con representación no Concello acordaron onte, por unanimidade, elaborar un estudo pormenorizado sobre o proxecto de instalación, cos informes técnicos pertinentes, e trasladalos en dita reunión a todos os afectados, fixándoa para o vindeiro sábado 23 de setembro ás 12:00.

«O Partido Socialista amósase totalmente solidarizado cos todos os veciños e veciñas afectadas, e vai actuar en función do que estes reclamen», comenta o portavoz dos socialistas abegondeses Jairo Bello.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario