Presentada a 45 edición da Semana de Cine de Lugo

por Redacción Lugo

Maite Ferreiro presentou no día de hoxe o programa que se desenvolverá do 18 ao 23 de setembro

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, a 45 edición da Semana Internacional de Cine de Lugo. A cita, que se vén celebrando anualmente dende o 1979, terá lugar entre o 18 e o 23 de setembro de 2022. No acto estiveron tamén presentes Manuel Curiel, director da Semana de Cine, representantes da Xunta de Galicia e da USC, e integrantes do Comité Organizador da Semana.

«Debemos apoiar dende as institucións a nosa cultura propia, neste caso a produción de cine en galego», dixo Maite Ferreiro, que engadiu «as experiencias que temos dinnos que temos contadoras e contadores de historias moi boas, que fan obras fermosas e interesantes, que redundan na defensa e promoción da nosa lingua e da nosa cultura, que é o faro que nunca debemos perder de vista».

Ferreiro destacou o traballo do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, «que leva 45 anos dando visibilidade ao cine entre a veciñanza de Lugo», e engadiu «a Semana de Cine de Lugo é unha das actividades máis relevantes do calendario cultural da cidade».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario