O documento pode lerse íntegro tamén na web www.areal.gal , xustifica os motivos polos que o conxunto de Cerámicas do Castro debe ser declarado BIC co recoñecemento de SITIO HISTÓRICO.
Pretendemos que se extenda a declaración BIC ao conxunto de edificacións, incluídas as do taller cerámico orixinario nas antigas cocheiras do pazo; subsidiariamente, que, mantendo a categoría BIC de monumento ao edificio do Museo, se categorice coa categoría de sitio histórico o conxunto do complexo de Cerámicas do Castro.
Tamén pedimos que os informes que se soliciten, tanto á Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario coma ao Consello da Cultura Galega, se refiran ao conxunto do complexo de Cerámicas do Castro e non exclusivamente ao Museo.
As peticións recollidas no noso escrito de alegacións fundaméntanse en 5 grandes apartados:
1. A necesidade de preservar a verdade histórica e a obra de Isaac Díaz Pardo
2. Visibilizar a figura de Carmen Arias de Castro, “Mimina”, sen cuxa participación activa non sería posible a obra de Isaac tal como é coñecida.
3. Por coherencia na actuación da propia Dirección Xeral de Patrimonio, que declarou BIC o conxunto da fábrica de Cervo e pretende limitalo en Sada ao museo Carlos Maside.
4. Para garantir o desenvolvemento normal da actividade empresarial preservando o inmenso legado cultural de Isaac e Mimina.
A Asociación xa solicitou tamén entrevista persoal co Diretor Xeral de Patrimonio e estamos a fecer xestións cos grupos parlamentares, co Consello da Cultura, coa Real Academia de Belas Artes e con todas as persoas e entidades que poidan ter algunha relación co caso.