No mes de marzo fanse 6 anos do falecemento do poeta, editor, activista cultural e social Paco Souto. A finais do ano 2019 publicouse un poemario, Luz de incendios, con acompañamento musical que non chegou a ver a luz na vida do autor.
Coa chegada da pandemia, segundo explicou a deputada de lingua, Soledad Agra, tamén se «confinou» esta obra que vén tamén con ilustración do autor falecido en Razo, e por ese motivo queremos renderlle homenaxe ao autor lendo a súa obra, axudando a visibilizala mais tamén lembrando aqueles espazos en que fixo activismo, poesía, traballo de base, asociacionismo,..», explicou a deputada.
Nado na Coruña o día 12 de outubro de 1962, Paco Souto desenvolveu un intenso labor cultural e social. Foi coeditor de Edicións do Dragón e da colección Letras de Cal. Presidente da asociación de mariscadores e da asociación Caldeirón, desde a que promoveu o Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas. Igualmente, foi o principal responsable da Editorial Caldeirón, un auténtico viveiro estes anos de renovación literaria. A título póstumo gañou p premio ao mellor poema galego do certame aRi[t]mar galiza e portugal.
Os roteiros terán lugar o 16 de setembro en Malpica e o 30 do mesmo mes en Santiago de Compostela, neles participarán poetas como Xosé Iglesias e Rosalía Fernández Rial que lerán textos do autor. Os dous roteiros estarán guiadas por Miro Villar (escritor e amigo do autor homenaxeado) e finalizán coa actuación musical de Serxio Moreira.