Presentado en Lugo o curso “Explorando o mundo da percusión”

por Redacción Lugo

As clases daranse todos os xoves entre as 20 e as 21 horas nas instalacións de Tambukda da estación de autobuses, entre o 7 de marzo e o 2 de maio

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con representantes do grupo Tambukda o curso «explorando o mundo da percusión» co que colabora a área de Cultura e que permitirá a todas as persoas que o desexen «aprender de xeito gratuíto a participar nun grupo de batucada». Ferreiro destacou que «trátase dunha formación de iniciación que permitirá coñecer as bases da batucada, facilitando o achegamento desta forma de expresión artística».

O curso celebrarase nas noites dos xoves, entre as 20 e as 21 horas, dende o 7 de marzo ata o 2 de maio nas instalacións de Tambukda na Estación de Autobuses. As persoas interesadas poderanse anotar contactando co grupo por teléfono no 692 200 764 ou no correo electrónico iniciacion.percusion@gmail.com.

Tambukada é un grupo aberto a toda persoa interesada en aprender batucada. Para isto, contan con varios niveis de formación, desde a iniciación, onde se poede entrar sen tener coñecementos musicais previos. No grupo avanzado trabállanse os bloques e coreografías que o grupo amosa nas exhibicións.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario