As 4 representacións desta edición terán entre o 16 e o 30 de setembro
.Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, presentou a sexta edición do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo e coa consellería de Cultura. Arroxo afirmou que «un ano máis volve o Ciclo Galego de Teatro Amador, no que poderemos ver a distintas compañías de teatro afeccionado realizar as súas últimas obras no Auditorio Municipal, achegando o teatro a toda a veciñanza».
A sexta edición deste ciclo contará con catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de toda Galiza, que se levarán a cabo durante entre o 16 e o 30 de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire.
As representacións desta edición son as seguintes:
- 16 de setembro ás 20:30 –Microtirulos, de Tiruleque Teatro
- 17 de setembro ás 18:30 – A Liorta, de Avelaíña Teatro
- 24 de setembro ás 18:30 – Camiños e Carreiros, de Andaravía Teatro
- 30 de setembro ás 20:30 – O Randiña, de Pico do Castro
Todas as representacións están destinadas a públicos de todas as idades. A entrada será libre ata completar a cabida do auditorio.
San Froilán Miúdo
O Tenente Alcalde presentou as actividades do San Froilán Miúdo, «21 espectáculos de diferentes estilos para público familiar, que terán o seu escenario principal na carpa do aparcadoiro do Seminario, pero que tamén contarán con espectáculos itinerantes que encherán as rúas de animación».
O San Froilán Miúdo conta cunha selección de espectáculos de baile, xogos tradicionais, teatro, animación de rúa e actividades itinerantes a cargo de compañías con recoñecemento a nivel galego, estatal e internacional. «Lugo conta cunha importante programación para público familiar ao longo do ano, no San Froilán continuamos a achegar ás rúas de Lugo unha serie de espectáculos de calidade para as máis pequenas e pequenos», explicou Arroxo.
Programa San Froilán Miúdo
Mércores 4:
18.30 h. Ritmo Lugo. Exhibicións de baile na Carpa do San Froilán Miúdo.
Xoves 5:
11.00 h. «Xogos XL do mundo» de Ludiespai na Carpa do San Froilán Miúdo. Colección de xogos de madeira para as persoas dos 3 aos 103 anos. Dende ás 11 h até ás 14 h e das 16h até ás 18h.
12.30 h. «WOOW» de Teatro C´art na praza Maior (fronte á Casa do Concello).
17.30 h. «WOOW» de Teatro C´art na praza Maior (fronte á Casa do Concello).
18.30 h. «A punta do meu nariz» de Kolektivo Kónikas na Carpa do San Froilán Miúdo.
Venres 6:
17.00 h. «WOOW» de Teatro C´art na praza da Soidade.
18.30 h. «The Crazy Mozarts» de Mundo Costrini na Carpa do San Froilán Miúdo.
19.30 h. «WOOW» de Teatro C´art na praza da Soidade.
Sábado 7:
11.00 h. «Xogos en Familia» de Ángeles de Trapo na Carpa do San Froilán Miúdo. Xogos artesanais de madeira para toda a familia. Dende as 11 h até as 14 h e das 16h até as 18h.
12.30 h. «Girafes» de Xirriquiteula teatre. Espectáculo itinerante. Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
17.30 h. «Girafes» de Xirriquiteula teatre. Espectáculo itinerante. Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
18.30 h. «El Mêtre» de JAM na Carpa do San Froilán Miúdo.
Domingo 8:
11.00 h. «LARUN» de Jokai na Carpa do San Froilán Miúdo. Colección de Xogos de madeira inspirados na mitoloxía vasca. Das 11.00h ás 14.00h e das 16h ás 18.00h.
18.30 h. «Le Voyage» de JAM na Carpa do San Froilán Miúdo.
Luns 9:
18.30 h. «Rodeo» de La banda del otro na Carpa do San Froilán Miúdo.
Martes 10:
18.30 h. «Carilló» de Cia. LaTal na Carpa do San Froilán Miúdo.
Mércores 11:
18.30 h. «Globe Story» de El perro azul teatro na Carpa do San Froilán Miúdo.
Xoves 12:
11.00 h. «Orkestròniat» de Cia. La Cresta na Carpa do San Froilán Miúdo. Instalación interactiva para toda a familia con instrumentos musicais realizados con refugallos. Dende as 11 h até as 14 h e das 16h até as 18h.
12.30 h. «O estrano caso do dentista da rúa Brasov» Espectáculo teatral itinerante para público familiar de Troula . Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
17.30 h. «O estrano caso do dentista da rúa Brasov» Espectáculo teatral itinerante para público familiar de Troula . Percorrido; saída dende o San Froilán miúdo na Avda Alcalde Anxo López Pérez, Bispo Aguirre, praza Maior e Campo Castelo.
18.30 h. «Teatime» de Cirkofonik na Carpa do San Froilán Miúdo.