O PP de Lugo di que “a mala xestión do bipartito retrasa os pagos das axudas municipais ás entidades sociais”

por Redacción Lugo

O concelleiro popular Gustavo Díaz insiste en que “o concello debe ser unha entidade colaboradora e eficiente e non fallar en cuestións que dependen dunha boa planificación”

Facéndose eco do malestar que hai no tecido social pola demora nos pagos das axudas municipais, tanto de concorrencia competitiva como nominativa, o Partido Popular presentará ao vindeiro pleno unha iniciativa co ánimo de mudar esta situación.

A proposición que se debatirá no pleno deste mes contempla os seguintes puntos:

  1. Actualización do importe das subvencións municipais nominativas que perciben as entidades sociais
  2. Axilizar a tramitación dos convenios garantindo sempre a transparencia
  3. Promover rebaixas fiscais para as entidades con proxectos de carácter social

Retraso nos pagos

Os populares explican que “a falta de xestión do bipartito” queda en evidencia cando nos referimos  ao  pagamento das axudas municipais a entidades sociais  desvelando que “a día de hoxe hai entidades que agardan a que se lles ingrese a subvención municipal concedida e debidamente justificada en 2022”.

Por último, os populares solicitan ao bipartito que predique co exemplo xa que “ao igual que o concello exise o cumprimento en prazo de pagos de impostos  tería que aplicarse o conto a súa xestión diaria xa que estamos a falar de calidade de vida de colectivos con dificultades”.

Nese senso explican que seguimos vendo que a mala planificación deste bigoberno repercute nas asociacións que se están vendo obrigadas a realizar un esforzo inversor extraordinario para poder facer fronte aos gastos de funcionamento das súas asociaicións recriminando que “é inconcebible que presuman de liquidez e logo non sexan quen de pagar en tempo e forma”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario