O pasado sábado 29 de xullo comezaron os paseos polas comarcas de Lugo e Terras da Ulloa, un ambicioso proxecto de colaboración entre o GDR-4, Guido Guía e 10 concellos das comarcas de Lugo e A Ulloa: Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade
O paseo por Guntín da actividade que se realizou este sábado día 09 de setembro contou con máis de 100 persoas que recorreron o roteiro de Guntín de dúas horas e media de duración e logo puideron desfrutar dunha degustación de produtos locais na carballeira de Meixaboi.
Este ciclo de actividades lúdicas e culturais pretende promover o descubrimento da historia, da natureza e das riquezas de todos os concellos, así como promover e promocionar os valores gastronómicos, sociais e de todo tipo.
A seguinte será o 14 de outubro en Antas de Ulla aínda que se irán anunciando máis datas nos distintos municipios.
As inscricións son gratuítas e pódense facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal ou do teléfono 982238000