O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais no Concello de Vilalba, Modesto Renda, informou hoxe dunha nova mellora na rede viaria, desta volta na parroquia de Distriz
Concretamente, os traballos realizáronse nos viais municipais que dan acceso á Igrexa e ao barrio de Gondeboi e o obxecto dos mesmos foi a apertura e limpeza de cunetas, a pavimentación mediante doble e triple rego asfáltico e a colocación de nova sinalización vertical.
Renda que, coma sempre, quixo contrastar coa veciñanza da parroquia a actuación, lembrou a importancia de priorizar os proxectos pendentes de execución, ao tempo que se organizan e proxectan novas obras en beneficio dos veciños/as das parroquias.