Ecoloxistas en Acción presenta o cartografiado de zonas húmidas da provincia de Pontevedra
por Redacción Galicia
Ecoloxistas en Acción presenta a segunda fase da súa campaña «Humidais para a Vida». Unha campaña coa que pretenden visibilizar que as zonas húmidas son indispensables para a vida polos innumerables beneficios ou «servizos ecosistémicos» que brindan á humanidade, desde subministración de auga doce, alimentos e biodiversidade, ata o control de crecidas, recarga de augas subterráneas e mitigación do cambio climático.
Nesta segunda fase, a organización ecoloxista presenta unha relación de humidais avaliados na provincia de Pontevedra. Este catálogo de zonas húmidas pontevedresas, aparellado dun informe os humidais que necesitan urxentemente unha figura de protección, será rexistrado na Xunta de Galicia para solicitar á Xunta a súa inclusión no Inventario de Humidais de Galicia, como paso previo a súa posterior declaración de zona protexida.
Para Ecoloxistas en Acción é esencial garantir a conservación da biodiversidade e dos recursos hídricos como os humidais, e proceder a restaurar as funcións ecolóxicas e os servizos ecosistémicos daqueles que foron degradados polas accións antrópicas como plantíos forestais, agricultura intensiva, instalación de parques eólicos ou explotación de minas
«Un estudo tras outro demostra que a superficie e a calidade dos humidais seguen diminuíndo ano tras ano na maioría de rexións do mundo. En consecuencia, os servizos dos ecosistemas que os humidais proporcionan ás persoas atópanse en perigo. A perda e degradación dos humidais tradúcese nun enorme impacto social e económico como, por exemplo, o aumento do risco de inundacións, diminución da calidade da auga, ademáis de impactos sobre a saúde, a identidade cultural e os medios de subsistencia», sinala Roberto Vilela, voceiro de Ecoloxistas en Acción.
Relación de zonas catalogadas na provincia de Pontevedra:
/>Cerdedo-Cotobade. Sabucedo
<p dir=Entre os concellos de Moraña e Barro atopamos unhas turbeiras dunhas 24,2 hectáreas que forma parte do conca do río Rons, que abastece o encoro de Pontillón do Castro. Este sistema, a pesar de contar cunha gran transformación polo exceso de carga gandeira, desenvólvese inicialmente como unha paraturbeira oligotrófica que, vai evolucionando cara un tremoal oligotrófico RN-THIC 7140, con potencias de turba superiores aos 75 cm. Próximo ao pastizal de Amil atopamos zonas de rede natura 2000, o que fai que a falta de protección neste lugar rompa ca conectividade ecolóxica ca rede natura.
Imaxes. Diego Jiménez
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario