O Goberno de Lugo aproba intervir de urxencia para consolidar a Ponte Romana

por Redacción Lugo

Reforzarase a estrutura da ponte e substituiranse os sillares danados

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas,. Alexandre Penas anunciou que o goberno de Lugo vén de aprobar a contratación dunha intervención urxente que permita consolidar a Ponte Romana. Penas explicou que «no pasado mes, un equipo especializado analizou o desgaste ao que se someteu a estrutura desde as crecidas de caudal de comezos de ano e aos impactos de árbores impulsados polas correntes», e engadiu «interviremos no menor tempo posible para frear o desgaste da estrutura e garantir a integridade dos distintos piares da ponte».

O Goberno de Lugo actuará para frear o deterioro da ponte antes do comezo da época de choiva. Os traballos consistirán na colocación de láminas de madeira hidrófuga reforzadas por unha estrutura que permitirá frear a erosión da auga. Ademais, substituiranse algúns dos sillares danados. Alexandre Penas explicou que a Tenencia de Alcaldía busca con esta intervención «garantir o mellor estado de conservación da Ponte cunha acción rápida antes da crecida do caudal do río ao remate do verán». O Goberno de Lugo executará, de cara á vindeira tempada, a restauración de todas as estruturas da ponte afectadas.

Penas lembrou tamén a importancia histórica da infraestructura, «dotada de protección integral que forma parte do Camiño de Santiago, Ben de Interese Cultural, e que se atopa encravado dentro dunha zona Red Natura 2000, en concreto na Zona de Especial Protección dos valores Naturais (ZEPVN) Parga-Ladra-Támoga».

A ponte xa sufrira danos hai un tempo, feito polo que o Concello de Lugo xa intervira a raíz das intensas chuvias rexistradas nos meses de inverno e que implicaron a caída e o arrastre de árbores ao longo da ribeira do río. A finais de xullo, explicou o concelleiro, aproveitando o baixo nivel das augas habitual de esta época del año, a Concellería de Medio Ambiente retirou os troncos que permanecían encaixados para «posteriormente proceder a avaliar os danos que afectaron a tres tallamares nos que faltan varios sillares de pedra, quedando expostos á acción da auga», especificou.

A Concellería de Infraestructuras será a responsable da súa consolidación cunha obra que terá unha duración prevista dun mes e un orzamento de 70.541,61€.

O informe foi realizado por un estudo de arquitectura con máis de 35 anos de experiencia na consolidación, reparación e rehabilitación de pontes de pedra, e recolle os danos efectuados nos pilares e nos tallamares da ponte, e recomenda executar unha solución temporal que pare a degradación das estruturas, e executar unha solución definitiva no vindeiro verán, na época de baixo caudal de auga do río, dado que os procedementos constructivos para a execución da restauración son moito máis complexos con caudal alto.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario