Dioivo lanza “Por 100 anos máis”, adicada ao Celta polo seu centenario

por Redacción Vigo

A nova canción do dúo vigués de metal vén acompañada dun videoclip dirixido por Brais Gómez Salvador, repasando a historia do equipo

«Por 100 anos máis» é o novo sinxelo do dúo vigués de metal en galego Dioivo, adicado ao Celta de Vigo e ás súas seareiras e seareiros con motivo do seu centenario. O tema xa está dispoñible para a súa escoita en todas as principais plataformas dixitais, e vén acompañado por un videoclip realizado polo colaborador habitual da banda Brais Gómez Salvador. Nel, Dioivo repasa algúns dos fitos máis destacados da traxectoria do equipo celeste ao longo dos seus 100 anos de historia.

«Logo dos verdadeiros temazos que están saíndo para celebrar o centenario do Celta, dende o oficial de C Tangana ata os realizados por amigos como Jairo Daponte ou Xhamain, nós tamén quixemos facer a nosa homenaxe ao equipo da nosa cidade», sinalan dende o dúo vigués. Dioivo aproveitou a ocasión do cabodano dunha lenda celeste como é Manuel Hermida Losada, «Hermidita», para lanzar o tema onte, día 17 de setembro. Un día despois, ademáis, do 20 aniversario da estrea do Celta en Champions, fronte ao Brugge en 2003.

O videoclip alterna, por unha banda, imaxes do grupo interpretando o tema con Vigo e a súa ría de fondo, gravadas dende a outra beira, en Liméns; e por outra, diversas fotos históricas do Celta, seguindo o fío da canción. Brais Gómez Salvador, que gravou, editou e dirixiu a peza, xa ten realizado outros vídeos musicais con Dioivo, como son os de «Lobishomes» (2019), «Golpe por Golpe» (2021), «Retorno a Tagen Ata» (2021) ou «Cabeiros» (2023). Todos eles poden verse na canle de Youtube da banda, e «Por 100 anos máis» pode tamén descargarse, totalmente de balde, en Bandcamp.

A fundación do club a partir do Real Fortuna e o Vigo Sporting en 1923, o «Trueno azul» que cantaba Siniestro Total, Hermidita, Pahíño, Gustavo López, Vladimir Gudelj, Aleksandr Mostovoi, o partido contra o Manchester United en Old Trafford, Iago Aspas, a permanencia do 4%… Todos estes anacos da historia do club e moitos máis aparecen referenciados na canción e/ou no videoclip dos vigueses.

Dioivo atópase presentando o seu novo álbum Cara os Ceios Incrementes, lanzado o pasado 9 de xuño pola discográfica independente grega Sleaszy Rider Records. Axiña comezarán unha pequena xira estatal para presentar dito álbum, que lles servirá tamén para dar a coñecer este novo sinxelo. Entre as datas xa anunciadas pola banda pódese destacar o festival Back to Napalm en Sarria ou a gran presentación do álbum no pub Transylvania de Vigo, o 23 de decembro xunto a Karracho, Mortal Maze e diversas colaboradoras e colaboradores.

Ademais de Cara os Ceios Incrementes, a banda fundada en 2016 das cinzas do grupo anterior Rust in Peace ten lanzado tamén os traballos Dioivo I (2016), Dioivo II (2019) e Dioivo III (2021), ademais de múltiples sinxelos e demos. Dende os seus comezos, o grupo está formado por Daniel Valladares Otero na batería e Jacobo Mouriño Almeida na guitarra e na voz. Entre a súa discografía destacan as súas diversas adaptacións de obras da literatura galega; o primeiro tema da banda, de feito, foi «Sempre pola morte esperas», que musicaliza o poema homónimo de Rosalía de Castro e co que participaron no certame Musicando a Rosalía convocado por Vigosónico en 2016.

 /></p><p>Tamén colaboraron con Xosé Luís Méndez Ferrín en «Retorno a Tagen Ata», que adapta a célebre novela do autor e na que el mesmo participa narrando diferentes pasaxes da obra. Outras das súas adaptacións literarias son «Hai sede na Nova Galicia», na que poñen música a Florencio Delgado Gurriarán, ou «Que importa que nos craven as cadeas», na que fan o propio con Darío Xohán Cabana.</p></div><div class=

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario