O PP afirma que o Concello de Lugo está “nunha deriva financeira preocupante” e que hai un deterioro significativo das contas públicas

por Redacción Lugo

Tras analizar os datos da conta xeral do ano 2022

Elena Candia explicou que a conta xeral é unha imaxe fiel de como está a economía do concello e as cifras que estudamos neste documento indican que o concello de Lugo está  nunha “situación de insostibilidade económica e que están tirando de aforros para sair ao paso”.

A voceira popular afirma que PSOE e BNG suspenden en xestión económica porque “gastan máis do que ingresan incumprindo a estabilidade orzamentaria e tamén hai un resultado negativo nas contas de preto de 14 millóns de euros”.

Os populares explican que no informe do servizo de intervención “fanlle 32 tiróns de orella ao goberno local  propoñendo 19 medidas dun plan de accións e 13 advertencias de control financeiro e tamén indica que esta situación constitúe un incumprimento dos objetivos de estabilidade orzamentario e da regra de gasto (*)”; precisamente no informe de intervención se apunta “a necesidade de aplicar de inmediato medidas de corrección na evolución orzamentaria cara a evitar situacións de incumprimento en canto desapareza a suspensión das regras fiscais, que podería ser en 2024”.

Outras cifras

En 2022 o concello de Lugo pagou 191 reparos de legalidade por un importe de 20.633.019.98 o que confirma que unha práctica que debería ser execepcional no concello de Lugo faise de forma habitual.

Con respecto aos saldos de dubidoso cobro indicar que dende 2015 ata o ano 2020 ascendían a 16 M€ e o histórico dende 1998 ata o 2022 suma  34,6 M€ polo que a voceira popular indicou que solicitará un expediente de depuración de saldos que clarifique a situación.

Por último hai que destacar que hai proveedores preocupados porque non lles pagaron os servizos prestados estamos falando de 1.612 facturas gardadas nun caixón

Os populares tamén analizaron as liquidacións dos orzamentos de 2022, observan que hai un desfase do que preveían recaudar do que finalmente ingresa o concello en caixa explicando que, unha de dúas ou minten e inflan os datos ou executan moi mal.

DATOS LIQUIDACIÓNS:

2022                             Previsión Ingresos                      Recaudan

Auga                                      5 M€                                                1,9 M€

Sumidorios                            2,7 M€                                             1,43 M€

Lixo                              7,2 M€                                             3,3 M€

2023

Auga                                      5 M€                                                2,9 M€

Sumidorios                            2,7 M€                                             1,6 M€

Lixo                              7,2 M€                                             4,8 M€

Persoal

Cando o gasto de persoal (29.828.778,46) hai que subliñar que supón case un 30% dos orzamentos pero este é un dato pouco fiable xa que hai multitude de vacantes sen cubrir e iso tensiona aos servizos, moitos baixo mínimos; tampouco se reflicten os servizos que están externalizados e que tamén supoñen un custo para arcas municipais.

(*) A regla de gasto recolida na  Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera, naceu co obxecto de evitar desequilibrios orzamentarios cando as administracións non son capaces de incrementar os ingresos na mesma porcentaxe que os gastos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario