A Xunta achega axudas a 7 restaurantes e aloxamentos da comarca da Coruña para mellorar instalacións

por Redacción Galicia

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González, visitou hoxe a Rectoral de Cines, un dos establecementos beneficiados pola orde de axudas da Axencia de Turismo de Galicia, dirixida a aloxamentos e restaurantes para mellorar as súas instalacións.

O representante do Goberno autonómico informou que a Xunta concedeu axudas que suman máis de 92.000 euros a 7 establecementos de aloxamento e restauración da comarca, que mobilizaron máis de 208.000 euros, para mellorar as súas instalacións.

Durante a visita, o representante autonómico destacou que “estamos ante un bo exemplo do apoio da Xunta á mellora das infraestruturas dun sextor estratéxico como é o turismo nesta área”.

En total, as subvencións chegan a 7 restaurantes e aloxamentos situados nos concellos da Coruña (2), Culleredo (3), Arteixo (1), Oza-Cesuras (1), Oleiros (1) e Vilarmaior (1).

O obxectivo principal destas axudas é incentivar a mellora das instalacións e infraestruturas destes establecementos co fin de consolidar unha oferta turística de calidade. As achegas cobren tanto obras de acondicionamento como a adquisición de equipamento ou mobiliario.

A Axencia de Turismo de Galicia contou para esta orde cun total no conxunto da comunidade de 3,5 millóns de euros, divididos en dúas liñas. Por unha banda, achegas para aloxamentos, cun importe de 2,6 millóns de euros, e por outra banda, para restauración con 788.000 euros.

Trenor  puxo en valor o presente e o potencial do sector turístico en Galicia, que neste 2023 xa está superando as cifras de peregrinos, viaxeiros e de ocupación hoteleira rexistradas a estas alturas do ano pasado. Neste censo, apuntou que estes apoios aos aloxamentos e restaurantes son unha medida máis da Xunta para potenciar un sector estratéxico para Galicia.

O delegado da Xunta lembrou que o Executivo autonómico aposta por un turismo responsable, sustentable e adaptado á vida diaria dos galegos. O modelo turístico de Galicia coincide coa que demandan os novos viaxeiros, como o demostran os datos xa que  Galicia rexistrou no que vai de ano unha nova marca con 3,7 millóns de viaxeiros aloxados e 6,8 millóns de noites rexistradas, o que supón un 8 % más que no 2022, que foi un excelente Ano Xacobeo, así como 310.000 compostelas entregadas

Trenor salientou que estes datos confirman que “Galicia non é unha moda pasaxeira”, senón un dos destinos “máis puxantes de España de forma sostible”

Segundo explicou Trenor, as cifras invitan a ser optimistas e a poder afirmar que Galicia está selando “un novo ano histórico” para o turismo.

ALOXAMENTOS

NOME COMERCIALCONCELLO ESTABLECEMENTOTIPOLOXÍA ESTABLECEMENTOOBXECTOGASTO SUBVENCIONABLE AXUDA
LA RECTORAL DE CINESOZA-CESURASTURISMO RURAL GRUPA CASA RECTORALINSTALACIÓN DE PÉRGOLA EN CENADOR PRINCIPAL Y MEJORA AJARDINAMIENTO QUE RODEA LA INSTALACIÓN26.632,00 €13.316,00 €
 CRUNIACULLEREDOHOTEL 4 ESTRELLASRENOVACIÓN Y MODERNIZACIÓN INSTALACIONES, MEJORAS ENERGÉTICAS Y ADQUISICIÓN63.844,66 €31.922,33 €
PAZO DO RÍOOLEIROSHOTEL MONUMENTO 3 ESTRELASIMPLEMENTACIÓN DE CHANNEL MANAGER E IMPLEMENTACIÓN DE SISTEMA DE XESTIÓN DIXITALIZADA DE DOCUMENTOS2.498,16 €1.249,08 €
ALVARELLAVILARMAIORALBERGUE TURÍSTICO 1ª CATEGORIAMELLORA NAS INFRAESTRUCTURAS2.646,00 €1.058,40 €
HOTEL EUROPAARTEIXOHOTEL 2 ESTRELASCARTELERÍA DIXITAL14.280,00 €5.712,00 €
5   
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario