O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na posta en marcha da oficina Acelera Pyme, que xestiona a Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia en Lugo para mellorar a competitividade das empresas a través da transformación dixital
O delegado gabou a iniciativa e destacou que complementa á rede de centros de apoio e asesoramento que a Xunta implantou na provincia a través dos Polos de Emprendemento ou do programa Conecta Lugo -este último en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo-.
Neste sentido, lembrou que “achegar información concreta e axustada a cada caso, e ofrecer o acompañamento axeitado, incrementa a eficiencia dos recursos públicos dispoñibles”.