O PP pedirá a creación dunha Comisión da Auga en Lugo logo de que o bipartito declarase que “non está garantido o subministro”

por Redacción Lugo

O Grupo Popular no Concello de Lugo está preocupado porque na Comisión de transición ecolóxica e impulso rural a preguntas sobre o abastecimiento de auga “se nos conte, por parte do concelleiro de área, que non está garantido o subministro”.

A frase do representante do bipartito foi “que este verán estiveron a punto de parar unha das bombas de auga por falta de caudal e que o río non tería capacidade para abastecer a todos os núcleos da zona rural”.

“Ante estas declaración anunciamos que pediremos que se cre unha Comisión da  Agua porque parécenos moi grave esta situación da que ata o momento non tiñamos información”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario