O CP Conxuro organiza o Campionato Copa Federación 2023 de benxamín a senior en Caión

por Redacción Deportes

O CP Conxuro organiza o Campionato Copa Federación 2023 das Categorías Benxamin a Senior  que se vai celebrar no pavillón da vila larachense de Caión este sábado día 23 de setembro  desde as 10:00 ata as 19:50 horas

Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cincuenta patinadores de toda a comunidad autónoma, donde executarán un dos seus  programas obrigatorios, o programa longo.

Tomarán parte no evento catorce clubs de patinaxe de toda a comunidade galega, en concreto CPA Ágora, CP Ribeira, CP Porriño, CP Arealonga Chapela, CPA Coruxo, CP Sarela, CDP Boiro,  CP Oroso, CDP Berenguela, CP Compostela, CPA Omega, CP Buxaina , CP Maxia  e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha. 

O CP Conxuro presenta a 3 das súas patinadoras:

  • Inés Remuiñán: infantil  feminino
  •  Antía Cotelo: cadete  feminino
  • Uxía Freire: xuvenil feminino
  • Natalia Rama: junior feminino 
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario