Candia afirma que “o balance é moi pobre” e que os lucenses “seguimos cos mesmos problemas”

por Redacción Lugo

A voceira do Grupo Popular no Concello de Lugo valora os primeiros 100 días do bipartito dende a investidura que se veñen de cumprir

Para os populares este período de tempo foron “100 días dun novo goberno pero realmente foron 100 días do mesmo” destacando entre outras cuestións os seguintes puntos:

  1. Son incapaces de atallar a falta de seguridade nos barrios onde continuan os problemas de orde público
  • Seguimos sen saber se a execución da sentenza que obrigou a tirar o Garañón se cumpre e se restitúe ao estado orixinal previo a construción, asemesmo o  custe do derribo das torres segue sendo  unha incerteza
  • Seguimos sen atención presencial en urbanismo e cun bloqueo da resolución de licenzas de obras
  • Falta de xestión á hora de resolver os contratos caducados. (reparación de fugas auga remata en novembro)
  • O novo auditorio de Magoi segue pechado
  • Os lucenses estiveron outro verán máis sen praia fluvial

A voceira popular tamén salientou como os 100 primeiros días serviron para descubrir algunha das mentiras do bipartito sobre diferentes macro proxectos xa que coñecíamos que renunciaron aos fondos europeos para o Cuartel de San Fernando e a protectora.

Con respecto ao traballo da oposición Candia defendeu que “mantemos un traballo cosntrutivo, riguroso e con moita ilusicón porque os lucenses nos trasladades o necesarios que somos para construir o Lugo que merecen”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 Comment