PP Lugo. Os partidos do Río Breogán na Basketball Champions League poderán verse a través da TVG

por Redacción Deportes

A Televisión de Galicia vén de anunciar este mediodía o acordo coa FIBA polo que retransmitirá todos os partidos do Río Breogán neste primeira fase da Basketball Champions League. O equipo da nosa cidade está encadrado no grupo F, e o pavillón Universitario de Lugo recibirá a visita do Telekom Baskets Bonn, o Bursaspor turco que é o actual campión, e o Hapoel Holon isrelí.

A maior visibilidade do equipo lucense foi unha reivindicación do Grupo Popular de Lugo polo que queremos congratularnos da decisión adoptada pola CRTVG de apoiar ao noso equipo nunha temporada histórica.

Foto @Rio Breogán

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario