Os populares consideran “unha incongruencia que o PSOE esté agora a favor de poñer cámaras para un evento concreto como o San Froilán mentres que se negan a instalar estes dispositivos durante os 365 días, en zonas con problemáticas de seguridade para as persoas ou para evitar atentados contra o patrimonio”
Dende o PP consideran que “o foro adecuado para abordar esta cuestión así como a aprobación dunha ordenanza de convivencia debe ser unha Xunta Local Extraordinaria de Seguridade” matizando que “nós lle tendemos a man á alcaldía para consensuar estas propostas uníndos así ás reivindicacións das diferentes plataformas veciñais”.
O vicevoceiro popular Enrique Rozas asegura que “a prevención é a mellor política que podemos aplicar no eido da seguridade” manifestando que “seguimos defendendo a instalación de cámaras de videovixilancia en zonas sensibles do municipio, ademais da necesidade de poñer en marcha as cámaras que hai xa no polígono do Ceao e estendelas a outras zonas industriais do Concello de Lugo”.
Os populares lembran que a ordenanza de civismo ou convivencia tamén frearía a actividade dos gorrillas, dotando á policía local de ferramentas legais para evitar as extorsións no aparcamento do Hula, onde tamén é preciso colocar cámaras de videovixilancia.
Enrique Rozas rematou asegurando que non comparte a postura do bipartito cando manifesta que “os problemas de orde pública son xeralizados” insistindo en que “nos non imos dar a batalla por perdida xa que hai ferramentas para previr este tipo de conductas incívicas”.