PP «Os recoñecementos extraxudiciais que van a pleno demostran que o goberno é derrochador e que incumpre a lei en 1 de cada 2 euros que aproba»

por Redacción Lugo

PSOE e BNG levarán á sesión de mañá o desbloqueo de 144.726,12€   a través deste procecemento e no que se inclúen 80 facturas, algunhas pendentes de pago dende 2021

  • Os populares fan esta reflexión logo de certificar que “case o 50% dos recoñecementos extraxudiciales que se votarán mañá son con reparos de legalidade, por tanto, con informe de intervención que advirte que se abonan sen axustarse á legalidade”
  • Dous dos catro recoñecementos extraxudiciais que se levan a pleno teñen reparos de legalidade e a súa suma é de 71.228,35 € (Reconocimiento nº15: Reparo de legalidade 50: importe 23.167,97 / Reconocimiento nº16 Reparo de legalidade 51: Importe 48.060,38) o que supón unha porcentaxe  49,22% do total das facturas pendentes de pago
  • Este tipo de procedementos é unha nova proba que confirma que “unha práctica que debería ser excecional se convirte en  habitual neste Concello” e, de feito, en 2022 o concello de Lugo pagou un total de 191 reparos de legalidade por un importe de 20.633.019.98.
  • Os populares indican que no punto 11 do informe da Conta Xeral o interventor indica que é necesario “establecer mecanismos correctores dos políticos que asuman gastos sen a debida garantía de existencia de crédito orzamentario, que non respecten os prazos para a tramitación das facturas da súa responsabilidade ou que fagan un deficiente seguemento dos contratos no eido da súa competencia, que provoque a perda de vixencia dos mesmo sen terse realizado unha nova adxudicación”
  • “Queremos que se habiliten mecanismos para facilitar o cobro das facturas dos servizos que se prestan ao concello e piden que deixen de escudarse en que os pagos se demoran porque non se rexistra a documentación en tempo e forma”

1.638 FACTURAS NUN CAIXÓN

  • Os populares aportan máis datos sobre retrasos de pagos a entidades sociais, autónomos, empresas e familias de Lugo “estamos a falar das 1.638 facturas que teñen gardadas nun caixón por importe de 12,5M€” e que corresponden a traballos ou prestacións realizadas nos últimos anos.

DESIDIA PSOE –BNG

  • Por útlimo, o PP lamenta que nin PSOE nin BNG presenten nin unha soa proposta ao pleno mentres o grupo municipal do PP leva á sesión cuestións de interese para a cidadanía relacionadas con dar solución ao aparcamento, mellorar o planeamento de barrios como O Carme, impulso da banda ou melloras para as entidades sociais
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario