O “Concurso de pezas para a comunidade” do XII Encontro Artes pola Integración repartirá tres premios de 500€ nos Xardíns de Méndez Núñez 

por Redacción Galicia

Este sábado 3 de setembro, dentro da programación do XII Encontro Artes pola Integración, terá lugar nas proximidades do estanque dos Xardíns de Méndez Núñez, en horario de 12:00 a 14:00 horas, o “Concurso de pezas para a comunidade”

Trátase dunha convocatoria aberta a creadores e creadoras – dun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes – que presentaron á organización do XII Encontro as súas propostas de danza, música e/ou teatro dun máximo de 15 minutos de duración onde se reúnE a persoas con e sen diversidade. Unha vez representadas na mañá do sábado, un xurado de expertos e expertas seleccionará dúas pezas, así como o público asistente unha terceira, que recibirán 500 euros de premio cada unha delas.

Esta duodécima edición do Encontro Artes pola Integración, o festival das artes inclusivas para a transformación social, arrincarou no Centro Ágora o venres 1 de setembro ás 19:00 horas coa presentación do festival para, a continuación, asistir a tres representacións teatrais: a peza curta “O meu lugar!” – dirixida por Rebeca Ponche e Carlota Pérez coa axuda de dramaturxia de Victor Duplá e María Vazquez – baseada na obra “A tempestade”, de William Shakespeare, a peza “Tuétano”, de ExperimentaDanza, versión longa da obra “Non me toques o segredo” representada na pasada edición do festival, e “Mordiendo la verdad. Recuperando la memoria de las mujeres”, de Palomica Lloca Producciones, un premiado espectáculo que combina teatro, música, danza y poesía visual.

O sábado 2 de setembro, tamén no Centro Ágora, inaugurouse a exposición “A mocidade crea”, proxecto realizado en colaboración con SacraExperience logo dun proceso de dous anos de formación e elaboración e que está conformada por fotografías, artes plásticas e videocreaciones realizada por adolescentes.

Ás 16:40 horas deu comezo a “Asemblea Diversa”, nesta edición centrada nos museos como espazos e referencias terapéuticas, onde puidemos coñecer as experiencias de Rebeca Ponche, especialista en artes terapéuticas, Juan García Sandoval, Conservador de Museos da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia, Karen Lund Orbeta. arteterapeuta especialista en arte e museos, Encarna Lago, Xerente da RedE Museística Provincial de Lugo, e a doutora Alexandra Gerstain, do CourtLaud Museum de Londres.

Posteriormente, ás 19:30 horas, Yurdance ofreceu o seu espectáculo de danza “The Sound of the Void” sobre a fraxilidade humana e a impermanencia da vida para, a continuación, gozar da actuación da Big Band Basket Beat, un proxecto de movemento, arte, educación e acción social cunha metodoloxía que explora todas as posibilidades que nos ofrece unha simple pelota de baloncesto.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario