O escritor Rodrigo Costoya imparte na Coruña a conferencia “A teoría do Colón galego”

por Redacción A Coruña

Se celebra no Círculo de Artesáns da Coruña este venres 29 de setembro ás 19 horas

Será certo que a persoa que coñeceu o mundo como Cristobal Colón fose un neno nado en Portosanto, unha aldeiña de Poio (Pontevedra)?

A Universidade de Granada ten no seu poder información xenética suficiente para poder aclarar se esta teoría é a correcta ou non. O escritor Rodrigo Costoya novelou o que os investigadores Celso García de la Riega e Alfonso Philippot foron revelando tras anos adicados á afianzar con datos relevantes a teoría do Colón galego. Esa novela, Portosanto, creada en galego e traducida xa ao castelán, leva xa cinco edicións na súa versión orixinal. A ficción recreada pola imaxinación do escritor compostelano, ainda que nado en Cantabria porque os seus pais emigraron alá, está enganchando a miles de lectores.

Este vernes 29 de setembro ofrecerá unha conferencia de acceso libre ás 19:30 no Círculo de Artesanos da Coruña expoñendo múltiples detalles que respaldan esta teoría grazas a eses dous investigadores. A historia, as veces, non é como nos contaron no colexio. E hai motivos suficientes para pensar que esta historia é unha das que haberá que reescribir.

Rodrigo completou a triloxía titulada «De luz e de tebras» que comezou con esa novela, Portosanto, continuou con El Custodio de los libros,  gañadora do Premio Internacional de Novela Histórica Cidade de Úbeda dotada con 10.000 euros e publicada en galego por Editorial Galaxia e, finalmente, Hijos de Gael editada por Espasa Calpe por agora so dispoñible en español. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario