AGASOL pon en marcha un ciclo de charlas no Gaiastech para mellorar recursos de software libre das empresas galegas

por Redacción Galicia

A asociación galega de software libre (coñecida polas súas siglas AGASOL) continúa a traballar na transformación dixital das empresas galegas. A labor principal de AGASOL é ofrecerlles tecnoloxía libre que lles permita adaptarse ás novas mudanzas neste eido, iso si, escapando dos altos custos das licenzas privativas.

Desta vez, as iniciativas que levarán a cabo nestes meses de outono grazas a un convenio de colaboración con Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)  teñen como obxectivo, entre outros, dar a coñecer o Gaiastech, o espazo na Cidade da Cultura reservado para este tipo de iniciativas relacionadas coa tecnoloxía enfocada ás empresas galegas. 

Así, levaranse a cabo unha serie de charlas protagonizadas por diferentes solucións de software libre e enfocadas a diferentes sectores empresiarias coma o gandeiro, o agrario, o forestal o cultural e o comercial. Serán un total de 8 tertulias impartidas por profesionais do eido que achegarán ao público as ferramentes que veñen utilizando, intentando así facilitar as súas tarefas diarias botando man do software libre. 

Falarase de que é o software libre, como tamén se porá a disposición dos asistentes aposibilidade de identificar posibles necesidades tecnolóxicas e formativas nas súas empresas.

A primeira destas charlas tivo lugar este mércores 4 de outubro e foi retransmitida en directo a través do portal online do Gaiastech. Nesta primeira tertulia déronse a coñecer solucións da man de TICgal. Esta compañía ofrece unha ampla gama de servizos informáticos adaptados ás necesidades empresariais tales como: soporte informático local que satisface as necesidades técnicas inmediatas ou  licenzas de software nacionais que potencian ás empresas de todo o país. 

A conversa foi dirixida por Óscar Beiro, fundador de TICgal con 12 anos de experiencia administrando instalacións GLPI; e Polina Marishicheva, Marketing Manager de Teclib´, e editora oficial de GLPI, o software libre ITSM máis implantado no mundo. Esta conferencia xa está dispoñible na canle de Youtube de AGASOL.

O conxunto completo de charlas organizadas por AGASOL está pensado para calquera organización con departamento TI, podéndose inscribir nelas a través da web https://gaiastech.xunta.gal/gl.

A programación completa estenderase polos meses de outubro e novembro sendo esta a relación de días e empresas participantes:

4 de outubro:  #MesD Software Libre: Unha ferramenta para xestionar o departamento TI: GLPI e máis aló 

Impartida por GLPI

11 de outubro: Xestión da Fabricación co ERP Odoo.

Impartida por Anubia Odoo

18 de outubro: ARDUINO PARA O MUNDO REAL: ARDUPOWER CONTROLLER

Impartida por Strelia

25 de outubro: Charla impartida por Netxcloud

8 de novembro: Charla impartida por Muutech

15 de novembro: Charla impartida por Libreinnova

Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación non só para acadar maiores oportunidades de negocio, senón tamén para acadar unha maior interlocución entre o sector e outros axentes da economía, da administración e da sociedade. Ademáis, procuran un modelo de sociedade do coñecemento no que resulte clave a liberdade para mellorar os programas infromáticos e facer públicos e accesibles ese progresos.

O concepto de software libre alude á liberdade para executar, copiar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar o software, de non estar atado ao pago dunha licenza para usalo ou renovalo. Non incumbe ao prezo da aplicación, pero si se diferencia do denominado privativo en que non é preciso pagar unha licenza por empregalo e que pode aplicarse sen renovar custos nun número ilimitado de equipos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario