PP de Burela. «A alcaldesa socialista minte para tratar de desprestixiar ao Partido Popular cando debería centrarse en xestionar o Concello»

por Redacción Lugo

Os concelleiros populares aclaran que «non votamos en contra de aumentar o salario ás coidadoras do comedor escolar, simplemente non votamos ese asunto porque non dispoñíamos de toda a documentación».

  • «É incrible que tanto a representante do PSOE coma o do BNG se centren en criticar ao principal partido da oposición», un feito que dende o PP consideran «un intento por desviar a atención da incapacidade do bipartito para gobernar Burela»
  • Os populares inciden en que «non é a primeira vez que este equipo de goberno leva expedientes ao pleno sen toda a documentación»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario