O PP de Trabada dille á alcaldesa que “se estivese no día a día do concello coñecería de sobra os problemas dos veciños”

por Redacción Lugo

O voceiro popular en Trabada, José María Fernández, afirma que a alcaldesa «está ausente do municipio» e por este motivo ten que facer «unha campaña para tentar lavar a súa imaxe e paliar o descoñecemento que tex das necesidades dos veciños»

 Dende o PP explican que o arranxo das estradas, realizar novas concentracións parcelarias, vivendas de protección oficial ou impulsar o polígono industrial son os problemas reais da veciñanza e que a alcaldesa debería de coñecer.

José María Fernández recorda que as xuntanzas cos veciños de Trabada xa as puxo en marcha o Partido Popular hai moitos meses a pesar das trabas da alcaldesa, que sempre se negou a ceder locais do concello para poder realizar estas reunións.

Foto portada: Elisardojm (Wikipedia)

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario