Rego defende garantir “unha cobertura social digna” para o sector da avogacía e a procuradoría

por Redacción Galicia

O BNG leva ao Congreso esta iniciativa após lograr o acordo unánime do Parlamento de Galicia, por iniciativa do BNG, e seren repenicada noutros parlamentos como o andaluz, catalán ou cántabro

O deputado do BNG, Néstor Rego, traslada as demandas do sector da avogacía e a procuradoría para que o Goberno do Estado realice as actuacións e modificacións necesarias para garantir unha cobertura social digna a todos os profesionais que teñen contratado coa mutualidade profesional o sistema de protección social alternativa ao RETA. Após aprobarse por unanimidade unha iniciativa do BNG neste sentido e sendo trasladada a outros parlamentos como o andaluz, o catalán ou o cántabro, a organización nacionalista demanda no Congreso a actuación do Goberno do Estado e mellorar as condicións da xubilación parcial das profesionais.

«As distintas reformas agravaron a situación dos mutualistas e mesmo, despois dunha longa carreira de cotización, están a impedir a xubilación dos profesionais da avogacía» sinala o deputado do BNG. Néstor Rego, neste sentido, sinala que a cobertura social «é insostíbel por inxusta e precaria» e mesmo alerta de que, coa nova reforma proposta, «será máis inxusta».

Actualmente, explica o deputado do BNG, e como exemplo da escasa cobertura social que ofrece a mutualidade, «unha mutualista non xera dereito á prestación por viuvez, orfandade, incapacidade permanente total, á vez que a IT por saúde mental en toda a vida laboral non pode ser superior a dous meses».

En opinión do deputado nacionalista, o Goberno do Estado debe realizar as actuacións e modificacións necesarias en relación coas profesionais da avogacía e da procuradoría que teñen concertado coa mutualidade profesional o sistema de protección social alternativo ao RETA. «Debe permitir a posibilidade voluntaria e temporal, de trasladar ao RETA as cantidades cotizadas na Mutualidade profesional, computándose a efectos no pagamento de pensións e prestacións futuras, xubilación incluída, en todo caso, previa ponderación das cantidades ingresadas e dos períodos cotizados» apunta.

Do mesmo xeito, evitar a equiparación fiscal das cotizacións realizadas na Mutualidade cun plan de pensións complementario e mellorar as condicións de xubilación parcial das persoas profesionais da avogacía e a procuradoría.

Apoio unánime no Parlamento de Galicia

A iniciativa presentada e defendida polo BNG no Parlamento de Galicia, a través do deputado Iago Tabarés, conseguiu o acordo unánime da cámara galega. De facto, o número exacto das profesionais afectadas na Galiza, segundo os datos publicados pola Mutualidade da Avogacía, é superior aos 208.000 dos que máis de 64.000 estaría no sistema alternativo ao RETA. Galiza representa 4,8% do total dos avogados e avogadas ejercientes en todo o Estado, cun total de 7.142, sendo 220 o número de profesionais da procuradoría, o que evidencia a relevancia social do problema que se está a expor.

Unha iniciativa rexistrada e aprobada noutros parlamentos

Após o Bloque Nacionalista Galego rexistrar esta proposta no Parlamento da Galiza, outras organizacións políticas levaron a mesma a outras cámaras autonómicas. O debate no parlamento andaluz acadou tamén o apoio unánime dos grupos e, de forma semellante, ocorreu nas cámaras de Cantabria e Cataluña. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario