O Concello de Oleiros organiza unha ruta de sendeirismo pola Ribeira Sacra do Miño

por Redacción A Coruña

O programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza continúa con novas excursións. A próxima saída está programada para o sábado día 21 de outubro e inclúe unha ruta de sendeirismo polo Camiño Vello de Aldosende, na Ribeira Sacra  do Miño, e a visita á vila de Portomarín.

A ruta a pé sairá de Cabo de Vila e rematará en Aldosende, en Paradela, pasando polo río Loio, encoro de Belesar, Capela de Santa Marta, miradoiro Adega dos Penedos, desfiladeiro de Bacelo e Igrexa de Aldosende. A distancia a percorrer é de 13 km e está cualificada como de dificultade media-alta.

A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida a persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica a partir do vindeiro martes 10 de outubro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado na Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario