O portavoz do BNG reuniuse este mediodía con Pedro Sánchez ao que lle trasladou as principais demandas do BNG para avanzar na Axenda galega e nunha Axenda social
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, mantivo esta mañá un encontro co candidato á investidura, Pedro Sánchez, ao que trasladou a «vontade do BNG de diálogo e de negociar un Acordo se hai un compromiso firme coa Galiza, coa Axenda galega, e cunha Axenda social avanzada».
Rego afirmou que «imos ser moi claros e moi exixentes cos compromisos co noso país» e engadiu que «non se pode dar por sentado o voto do BNG».
O deputado do BNG cualificou a reunión de «cordial» e informou que trasladou a Pedro Sánchez as principais propostas do BNG, sinalando que serán os equipos do BNG e do PSOE os que negocien polo miúdo a partir da vindeira semana. Insistiu en agardar á evolución das negociacións para ver de «materializar na práctica os compromisos que permitan facer avanzar a Axenda galega».
Avanzar na Axenda galega: Galiza non pode quedar atrás
Enumerou algunhas das propostas explicadas ao candidato socialista á investidura como «un financiamento máis xusto para Galiza, aumentar os investimentos para paliar o défice histórico do noso país, melloras nos servizos ferroviarios e a demanda da creación das ¨»cercanías», políticas ambientais como o saneamento das rías e dos ríos, atención á crise industrial, estabelecer unha transición xusta despois do feche das dúas centrais térmicas e máis xulgados de violencia de xénero», entre outras demandas.
Loxicamente a AP-9 forma parte das reivindicacións e lembrou que a transferencia desta autoestrada «foi votada no Parlamento galego por unanimidade das 3 forzas políticas. Aquí fica pedir coherencia».
Fixo especial énfase na necesidade de completar as transferencias pendentes que están recollidas no Estatuto de Autonomía de Galiza. E no relativo á posibilidade de modificación da estrutura do estado para adecualo á plurinacionalidade existente, Rego reivindicou o mesmo trato e o mesmo status para Galiza que as outras nacións, Catalunya e Euskadi.
O BNG tamén defenda máis Axenda social
O deputado do BNG avanzou tamén parte das propostas en materia social: aumento das pensións mínimas porque «reducen a fenda de xénero», derrogar a reforma laboral para recuperar a indemnización por despedimento de 45 días, a suba do SMI ou a derrogación íntegra da Lei Mordaza.
Exigente el Sr. Rego? :Como siempre Sr.Rego.Van de «comparsas»!
Sr.Rego de exigente Vd. ,nada de nada.Recuerde a Don Francisco de Quevedo «Nadie ofrece tanto como el que no va a cumplir» por tanto cualquier exigencia suya recibirá el beneplácito de Sánchez y le dará el doble para que se vaya contento pero a Galicia ni Vd. ni Sánchez, traerán ni le arreglarán nada .
¿No es vergonzoso que la arteria principal con la Meseta por Lugo ,no haya completado y reacondicionado el Puente
que se ha derrumbado?.Ya pasó tiempo suficiente para ese Puente y varios más, pero los camiones siguen desviando en Piedrafita do Cebreiro y eso es prueba evidente de que Sánchez viajará en avión y le importa un pito Galicia y sus comunicaciones.
Si cree que esa actitud suya ayuda a Galicia lo creería bueno , si saliese de esa escenificación con un documento firmado dónde le garantizase la AP-9 a cambio de su voto y con urgencia(por ejemplo).
Lo demás ya sabemos lo que es y Vd. tambien lo sabe .