Carme Aira presenta unha serie de iniciativas no Parlamento “ante a falla de coordinación da Xunta cos concellos” para levar adiante permutas de terras agrarias

por Redacción Galicia

«Dende o Bng demandamos a creación dunha figura de coordinación entre o goberno da Xunta e os concellos que permita facer unha mobilización de terras efectiva e real» manifesta Carme Aira

O goberno do PP coa axuda dos alcaldes de turno está a promover 3 proxectos piloto para concentrar parcelas a base de permutas, como é o caso do concello de Friol, estes proxectos terán beneficios como asesoramento e axudas para legalizar as fincas.

Para a deputada nacionalista «»está claro que a concentración parcelaria se quedou como unha figura que non cumpre co fin para o que fora deseñada», o que demostra demoras de tantos anos que ás veces a entrega de títulos de propiedade ocorre cando as persoas xa non se encontran en condicións de labrar a terra.

«Era pois urxente poñer a funcionar medidas como as permutas» demanda Carme Aira que dende logo, son de todo menos unha innovación pero que poden axudar a resolver a problemática que xera o minifundismo.

Por todo o país existen dende hai décadas iniciativas privadas de concentración de terras a base de permutas que a día de hoxe precisarían legalizarse. Precisamente no concello de Friol no lugar de _ 3 dos 4 veciños permutaron terras, abriron camiños xa hai case 2 décadas, en cambio

van quedar excluídos de calquera axuda e da posibilidade de darlle seguridade xurídica a esta situación.

Por isto o BNG no Parlamento demanda que se cree unha figura de coordinación entre o goberno da Xunta e os Concellos que permita facer unha mobilización de terras efectiva e áxil, que detecte os casos de permutas sen legalizar para incluílas dentro do asesoramento e axudas para gastos de notaría e rexistro da propiedade.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario