O PSOE de Oleiros presentará no próximo Pleno unha pregunta e unha moción encamiñada a “poñer en marcha medidas efectivas de loita integral contra a herba da Pampa”

por Redacción A Coruña

A portavoz socialista en Oleiros, Carmen Acuña, denuncia que o Concello traslada aos particulares o problema da herba da Pampa, do cal non son responsables, ameazaos con fortes sancións pero non lles propón axudas para eliminala. Por outra banda o Concello ten unha doble vara de medir respecto ao problema, xa que non parece atender as súas obrigas en espazos municipais e despóis esixe coercitivamente aos veciños a eliminación da planta invasora, cousa que non fai cos grandes promotores e constructoras ao xulgar por como están as urbanizacións de Xaz ou Canide

O Grupo Municipal socialista entende que existe un problema e que hai que loitar contra él pero non pode recaer o peso da solución nos particulares xa que non son os responsables do mesmo, polo que presentará unha pregunta e unha moción plantexando medidas para actuar integralmente contra a herba da Pampa incluido axudas aos particulares.  

Numerosos veciños de Oleiros teñen recibido ao longo destes meses unha comunicación tipo do Concello referida á limpieza de fincas nos seguintes termos:

“Requirir a_______, para que desbroce e limpe íntegramente a finca da súa propiedade, situada _______(parcela con referencia catastral_________), e para que a manteña nas condicións esixidas na fundamentación xurídica da presente resolución, incluíndo a retirada das plantas de Cortadeira Selloana (plumeiros) que poida ter a finca, de ser o caso, o que implicará a eliminación das raíces mediante algún dos procedementos indicados no documento anexo a esta resolución (ou similares). No caso de existir na finca plantas da especie Cortadeira Selloana (herba da Pampa ou plumeiros), a parcela só se considerará limpa se ditos exemplares son ELIMINADOS DE RAÍZ por medios químicos ou mecánicos. Para o cal deberá presentar o xustificante do tratamento empregado”.

A maiores doutras consideracións advirte:

“No caso de incumprimento da orde de execución, a Administración Municipal procederá á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables trimestralmente ata lograr a execución das obras ordenadas, ou poderá acudir á execución subsidiaria das obras, que se executarán a costa dos propietarios”.

A limpeza das fincas para mantelas nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade e limpeza, é unha  obriga dos propietarios recollida na Ordenanza xeral de limpeza do Concello de Oleiros, e na  Lei do Solo de Galicia, obriga que non está en discusión pola nosa banda. O que xa entra dentro do ámbito do debate é a obriga que se lle traslada aos particulares da eliminación da herba da Pampa da que eles non son os responsables posto que non a plantaron, o Concello obriga a asumir un proceso de eliminación por medios químicos ou mecánicos o que supón un custe e unha problemática de xestión para os titulares das fincas.

Hai consenso entre os especialistas en que a expansión da herba da Pampa viuse acelerada pola construcción de infraestructuras tales como carreteras ou grandes movementos de terra para as urbanizacións das que os particulares non son os promotores. Tampoco é o particular o responsable de que nos camiños e estradas das que son titulares ou do Concello, Deputación, Xunta de Galicia ou do Estado, nos seus desbroces, e ao longo de anos, non se seguirán protocolos axeitados para atallar a expansión desta especie invasora.

Polo exposto non consideramos o máis axeitado que o Concello de Oleiros amenace con multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros aos seus veciños sen que presente medidas para facilitar a eliminación da herba da Pampa. Non pode ser que o Concello se lave as mans, ameace pero non facilite, polo que imos presentar de cara ao próximo Pleno unha pregunta referida ao tema da herba da Pampa e unha moción suxerindo medidas para que o Concello asuma a súa corresponsabilidade na solución do problema.

Nós solicitaremos coñecer o que se estivo a facer ao longo do 2023 para poder melloralo á vista dos resultados visibles por calqueira que pasee por Oleiros, e facer vía moción unha serie de propostas de mellora da xestión da herba da Pampa, informando e axudando aos particulares na xestión dun problema que non xeraron eles en vez de “ameazalos”.

Pediremos respostas as seguintes cuestións en relación ca xestión da herba da Pampa no ano 2023 por parte do Concello de Oleiros a través da seguinte pregunta:

  • Nº de expedientes abertos no ano 2023 relacionados ca herba da Pampa.
  • Nº de sanciones impuestas e importe recadado.
  • Destino do importe recadado por ese concepto.
  • Nº de execucións subsidiarias efectuadas polo Concello, importe que supuxo e cantidades xiradas aos propietarios e cobradas por dito concepto.
  • Nº de expedientes abertos de oficio polo Concello relacionados ca herba da Pampa.
  • Criterios obxectivos aplicados para escoller as fincas a visitar de oficio polo Concello e posterior apertura de expedientes.
  • Nº de expedientes abertos a petición de particulares.
  • Nº de plantas de herba da Pampa retiradas polo Concello nas súas fincas e terreos, e xustificación do tratamento químico ou mecánico empregado.
  • Nº de plantas de herba da Pampa retiradas polo Conncello nos seus viais e camiños e xustificación do tratamento químico ou mecánico empregado.
  • Xustificación das entregas a un xestor autorizado para a eliminación das plantas de herba da Pampa unha vez retiradas e importes de tales actuacións.

Por outra banda presentaremos unha moción para o seu debate no Pleno para que se adopten as seguintes resolucións en clave propositiva para abordar de xeito integral o problema:

  • O Concello de Oleiros pondrá en marcha unha campaña de eliminación da herba da Pampa tanto en terreos públicos como particulares implicándose activamente na súa eliminación.
  • -O Concello de Oleiros de cara a próxima licitación do contrato de mantemento de zonas verdes de Oleiros pedirá que se faga un estudo da presencia da herba da Pampa no Concello, e incorporarará medidas para a súa eliminación de xeito exemplar.
  • O Concello de Oleiros incluirá na próxima licitación do contrato de mantemento de zonas verdes de Oleiros, sen cargo para os veciños que o usen, que se habilite un espacio seguro, xestionado pola futura concesionaria, para que se poida entregar o material retirado de herba da Pampa para a súa posterior destrución ou ben unha campaña permanente e periódica de recollida por parroquias adoptando as precaucións precisas para non dispersar accidentalmente as sementes a outras zonas libres de invasión.
  • O Concello de Oleiros esixirá aos grandes promotores e constructoras de urbanizacións o tratamento permanente dos seus terreos e parcelas para evitar a presenza da herba da Pampa e non concederá licencias de obra neses espazos ate a presentación dos xustificantes de eliminación e tratamento posterior de eliminación da citada herba da Pampa.
  • O Concello de Oleiros estudará de cara ao peche do orzamento do exercicio 2024 incluir todas aquelas bonificacións que poidan ter encaixe para axudar aos pequenos propietarios de terreos no Concello a asumir o custe da eliminación dunha especie invasora da que eles non son responsables.
  • O Concello de Oleiros condicionará a concesión de licencias para novas urbanizacións e obras de infraestructuras, á obriga de establecer un protocolo para que ditas actuacións non se convirtan nun axente catalizador da expansión da herba da Pampa, esixindo un estudo previo e a implementación de medidas que impidan a aparición da herba da Pampa, por exemplo obligando a plantar especies que eviten deixar os terreos baldíos dificultando a implantación da especie invasora. Tamén esixirá un aval específico que se devolverá cando a actuación esté finalizada e supervisada a boa execución por parte do Concello.

O Grupo municipal socialista esixe que o Concello predique co exemplo e non pode ser que teña parcelas á venda na súa web municipal espallando semente de herba da Pampa que logo afecta a fincas de particulares aos que esixe coercitivamente a súa eliminación.

A día de hoxe o Concello ten a vendas tres parcelas tal como se pode consultar na web municipal:

https://www.oleiros.org/es/concejalia-de-interior-y-seguridad-ciudadana-econom%C3%ADa-y-hacienda-urbanismo/urbanismo/venta-de-suelo-municipal

Actuacións como a da urbanización de Xaz ou Canide, ubicadas no medio de Oleiros teñen sido o catalizador para o avance da expansión da herba da Pampa que agora afecta aos particulares, e o Concello non parece ter sido moi riguroso no seguemento das actuacións das promotoras ao xulgar pola cantidade de herba da Pampa que hai na zona. Cos particulares de Oleiros o concello ten unha vara de medir e cos grandes promotores outra.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario