O PP pide a Concello de Lugo e Deputación Provincial máis coordinación e traballo para non perder máis fondos europeos

Antonio Ameijide e Elena Candia, voceiros no Grupo Provincial e no Grupo Municipal do Partido Popular respectivamente, ofreceron unha rolda de prensa conxunta para valorar os resultados das solicitudes do PERTE da auga na capital e na provincia

  • Os populares explican que a provincia só obtivo o 1% dos fondos consignados neste plan a nivel nacional e esixen tanto a Concello como Deputación esforzo e liderado para non perder a nova oportunidade que se abre o 30 de outubro cun no prazo de solicitudes
  • Antonio Ameijide critica que José Tomé non puxese a Deputación de Lugo a disposición dos concellos da provincia interesados nestas axudas e liderase un proxecto de solicitude conxunta, algo que si fixo a Deputación de Ourense, que obtivo axudas para 79 concellos ourensáns
  • O voceiro popular afirma que coa perda de todos estes fondos queda claro que nin Pedro Sánchez, nin José Tomé nin ningún dos dirixentes do PSdeG na provincia teñen interese en liderar proxectos conxuntos para a provincia, senón que buscan a foto con proxectos imaxinarios que á hora da verdade non se materializan
  • Á vista do acontecido coas axudas do PERTE, os populares reafirman a importancia da proposta que realizaron hai uns días para a creación dun Plan Provincial de apoio aos concellos para a xestión do ciclo da auga xa que o abastecemento de auga é un dos problemas aos que se teñen que enfrontar os concellos, sendo competencia da Deputación cooperar cos concellos para garantir os servizos de competencia exclusiva municipal
  • A voceira do Grupo Municipal amosou «o seu desgusto e preocupación» pola perda do PERTE no municipio lucense e explicou que «tiñamos a esperanza de recibir este investimento millonario para superar desafíos da Axenda 2030 como son: garantir o abastecemento e saneamento na zona rural; a renovación das tubaxes de fibrocemento; activar o sistema de reutilización de auga ou a dixitalización dos contadores
  • Elena Candia lamenta «o uso propagandístico» por parte do goberno local dos fondos europeos manifestando «que só serven como escusa para facela foto o día que os piden» indicando que no caso do PERTE do Concello de Lugo «enganaron aos lucenses en febreiro, deron por feita unha achega de 10 M€, cos que xa contaban, para renovar e dixitalizar o ciclo da auga, prometendo unha rebaixa no recibo que non se vai producir»
  • Candia lembra que «non é a primeira vez que o Concello de Lugo perde axudas millonarias os casos máis recentes son os 12M€ que tiñan previstos para rehabilitar o cuartel de San Fernando e para facer a protectora no vello matadoiro»
Comparte éste artículo
No hay comentarios