Dende o PP “dubidan da legalidade dalgunha operación realizada” en alusión a un contrato que se fixo in extremis para a montaxe dun escenario que se adxudicou a unha empresa das habituais que contrata a área de cultura do BNG deixando fóra a outros licitadores lucenses
- De feito hai outras irregulariedades detectadas foron a da maquetación, edición e impresión dos programas das festas que se fixeron cun contrato que se prorrogou fóra de prazo e que se pagou con reparos de legalidade.
- Os populares “a nivel do traballo interno” piden una maior planificación na organización do San Froilán e propoñen:
- Pechar con máis anticipación o programa para publicitalo con tempo.
- Que as contratacións dos concertos ou a elección de pregoeiros e oferentes queden pechados antes do mes de xuño
- Incorporar concertos de tirón nacional ou internacional
- Dar estabilidade á contratación das casetas para evitar que queden desertas como ocorreu este ano no que só houbo 3 das 4 previstas
- Vázquez concluíu que “ainda que o PP abandonou a comisión porque se nos consideraba como convidados de pedra e en vez de comisión era unha sumisión, seguiremos traballando con propostas en positivo para que este patrimonio inmaterial permaneza no tempo e que todos nos sintamos orgullosos”