O pasado sábado 29 de xullo comezaron os paseos polas comarcas de Lugo e Terras da Ulloa, un ambicioso proxecto de colaboración entre o GDR-4, Guido Guía e 10 concellos das comarcas de Lugo e A Ulloa: Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade.
O paseo por Antas de Ulla que se realizou este sábado día 14 de outubro contou con máis de 70 persoas que percorreron o roteiro de Antas de Ulla visitando Pena de Chaos e a Torre de San Estevo do Castro de Amarante cunha duración de tres horas e logo da cal puideron desfrutar dunha degustación de produtos locais e dunha actuación de música tradicional dun grupo local.
Este ciclo de actividades lúdicas e culturais pretende promover o descubrimento da historia, da natureza e das riquezas de todos os concellos, así como promover e promocionar os valores gastronómicos, sociais e de todo tipo.
A seguinte será o 2 de decembro en Castroverde aínda que se irán anunciando máis datas nos distintos municipios.