O portavoz do BNG lembrou que a propia Xunta recoñece que a rolda Leste «non é necesaria para reducir a conxestión de ningún outro vial»
Rubén Arroxo, portavoz do BNG no Concello de Lugo, anunciou que o BNG retomará a campaña contra o trazado actual da rolda Leste despois do anuncio da Xunta de Galiza de contninuar adiante coa infraestrutura. Arroxo declarou que «a Xunta danos a razón ao recoñecer que é preciso realizar unha nova declaración de impacto ambiental, mais segumos a defender que manter o Parque do Rato é máis importante que crear unha nova vía na que o propio proxecto recoñece que é innecesaria para reducir a conxestión de outros viais».
Rubén Arroxo afirmou que «o Parque do Rato completa o cinto verde do concello de Lugo, un terreo natural que calquera outra cidade querería ter», e engadiu «desde o BNG seguiremos traballando para que non se destrúan as zonas verdes de Lugo para crear unha nova autovía». Segundo destacou o portavoz do BNG, «Lugo avanzou moito na sustentabilidade urbana e na reducción da pegada de carbono a través das accións do BNG no goberno municipal, hoxe vemos como o PP pretende dar un paso atrás e destruír o unha das zonas verdes que máis desfrutan as veciñas e veciños».
Arroxo lembrou a reclamación do BNG para que o investimento previsto para a Rolda Leste se adique a recuperar o barrio da Tinería. Segundo Rubén Arroxo «trasladando o orzamento que gardan para a rolda Leste neste ano, o barrio da Tinería poderá avanzar e poñerse ao nivel que merece como zona histórica da cidade».
O BNG presentou unha serie de alegacións ao proxecto constructivo da Rolda Leste. A Xunta de Galiza da a razón ás alegacións do BNG, que reclamaban unha nova Declaración de Impacto Ambiental do proxecto, dado que a orixinal que data do ano 2005, e reclama reclama tamén unha maior protección do trazado afectado na Vía Künig, onde o propio proxecto recoñece unha afectación de 68 metros, recoñecemento que, segundo o BNG, «fai que sexa convinte acelerar o estudo da vía coa fin de non causar prexuízos que sexan irreparables a longo prazo».
No referente ao tráfico, o propio estudo incluído no proxecto recoñece que o nivel agardado pode ser absorbido polas vías existentes, «o que converte en inútil eliminar ese terreo do paseo do Rato, un espazo verde envexable para moitas cidades», sentenciou Rubén Arroxo.