O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo hoxe unha primeira reunión institucional co novo comisario xefe do Corpo Nacional de Policía de Lugo, Luis Miguel Romera.
Arias interesouse polas principais cuestións en materia de seguridade de interese para a provincia e brindoulle a colaboración da Administración autonómica para seguir traballando de forma coordinada entre ambas institucións naqueles ámbitos nos que teñen competencias comúns.