Dos catro traballadores da quenda deste xoves, 19 de outubro, do Parque de Bombeiros de Barreiros, non se incorporaron dous. Durante a mañá completou o cadro de persoal para contar con tres efectivos o Xefe de Parque, aínda que pola tarde este tivo que ausentarse por motivos persoais. Deste forma, o Consorcio viuse na obriga de pechar as instalacións dende primeira hora desta tarde (15.30h.) ata a seguinte quenda, que entra mañá venres, ás 9.00h.
Ante esta situación, o Consorcio xa informou ao servizo 112 de que as incidencias serán atendidas dende o Parque de Bombeiros de Viveiro ou dende o de Vilalba, en función do tempo de resposta.