OUR FEST 2023 celebra este sábado en Ourense a súa segunda edición

por Redacción Ourense

Un cartel excepcional que amálgama artistas de renome internacional como Suede, Kula Shaker e Baxter Dury con talento nacional como Melenas e Grande Amore, nunha única xornada en Expourense.

Este sábado 21 de outubro, o recinto de Expourense ecoará ao compás do mellor pop rock alternativo e OUR FEST será a sinfonía que envolverá a cidade das Burgas con acordes vibrantes e melodías, unindo a diferentes xeracións nunha xornada única, onde a diversidade sonora nacional e internacional entrelazarase nunha segunda edición que se prevé memorable.

Un sábado que promete ser unha xornada musical inesquecible; así se presenta unha nova cita de OUR FEST, desvelando os detalles da súa segunda edición. A gran apertura estará a cargo de Melenas ás 17.00 horas, coa súa frescura indie que dará inicio a un percorrido sonoro cheo de vitalidade, presentando o seu último disco recentemente publicado, «Ahora».

Ás 18.30 horas, Kula Shaker tomarán o escenario, transportando ao público a unha era dourada de psicodelia co seu son único e vibrante. Unha viaxe sonora que anticipa a intensidade que seguirá con Shame ás 20.15 horas. Esta banda, co seu último lanzamento, «Food for Worms», consolidouse como un referente do post-punk, desafiando fronteiras que espertará a euforia dos alí presentes.

Baxter Dury, o mestre da narrativa ecléctica, farase presente ás 21.45 horas, ofrecendo un respiro introspectivo coa súa música enxeñosa e singular, mentres ás 23.15 horas, Suede tomarán o escenario co seu distintivo son britpop, caracterizado polas súas letras poéticas e unha mestura única de elegancia melódica e actitude rockeira. Cunha traxectoria que marcou unha época, a banda presentará os seus clásicos atemporales mergullando ao público en paisaxes emocionais. Unha oportunidade única para vivir a maxia de Suede, unha banda cuxo legado deixou unha pegada indeleble na historia da música británica.

Como epílogo apaixonado, Grande Amore pechará a segunda edición de OUR FEST ás 01.00 horas presentando tamén novo disco, «II», nun directo que fusionará pop lírico e enerxía contaxiosa para mergullar ao público nun torrente de emocións

Así, esta nova cita de OUR FEST preséntase como un novo capítulo no libro dos festivais en Galicia. Un evento que ademais se compromete a seguir esta tradición en colaboración con Xunta de Galicia, Xacobeo, Deputación de Ourense, Concello de Ourense e Estrela Galicia, para levar aos asistentes a unha viaxe musical que fusiona artistas de renome con talento emerxente nunha única xornada en Expourense.

A organización do festival tamén facilitará os traslados ao festival. Para asistir a OUR FEST, é posible chegar a Expourense en transporte público, na liña 16, desde as 13.35 horas e ata as 21.35 horas. Á volta, os asistentes contarán cun servizo de lanzadeira especial; unha lanzadeira gratuíta desde as 01.30 horas ás 03.30 horas.

As entradas para OUR FEST 2023 o 21 de outubro en Expourense están xa á venda a través de ourfest.gal e ataquilla.com a un prezo de 30€ + gastos de xestión. 

Unha xornada coas mellores bandas internacionais e propostas nacionais de luxo

En primeiro lugar Suede, unha das bandas británicas máis destacadas e cunha lonxevidade desde finais dos 80, chega o próximo outubro a Ourense coa súa propia mestura de Brit Pop e Glam Rock. A banda capitaneada por Brett Anderson nunca deu sinais de desgaste e os seus concertos seguen sendo aclamados por crítica e público. E aínda que tiveron un parón de 10 anos, o seu regreso demostrou que aínda tiñan moito que dicir e o seu álbum de retorno «Bloodsports»(2013) foi a proba diso. A historia non terminou aí e os seus seguintes traballos «Night Thoughts» (2016), «The Blue Hour» (2018) e o máis recente «Autofiction» (2022) seguiron acaparando eloxios e moi boas críticas. Non en balde, Suede é considerada unha das «Big Four», as 4 bandas que demostraron o poder do Britpop, sentándose á beira de Oasis, Blur e Pulp. 

Tamén desde Inglaterra, Baxter Dury, aterrará na capital ourensá para presentar un estilo único, difícil de encadrar, pois as súas influencias son moitas, mesturando un pouco de crooner con rap, italo disco con electrónica e new wave con indie rock, dando lugar a unha mestura xenuína e que lle outorgou o seu propio lugar na escena actual. Agora no seu novo álbum «I Thought I Was Better Than You», ademais, coquetea co R&B e o Hip Hop baixo a tutela do produtor Paul White, e aínda que moitos o definen como un álbum máis destinado a axitar cabezas que cadeiras, está claro que vendo a traxectoria do artista a necesidade da continua reinvención é algo inherente á súa música.

Kula Shaker, unha das bandas máis coñecidas da escena do rock alternativo durante os 90, sendo o seu álbum debut «K» un dos discos da obra «All time Top 1000 albums» do escritor e crítico músical Colin Lark. Aínda que a súa primeira etapa foi curta de 1995 a 1999, ao volver en 2004 as súas xiras foron completos éxitos de sold out e os seus novos traballos aclamados por público e crítica. Cun forte sentido da autocrítica e sempre buscando reinventarse, a banda sempre preferiu calidade antes que cantidade e por iso foi necesario esperar 8 anos ata que en 2022 lanzaron o seu sexto álbum «1St Congregational Church of Eternal Love and Free Hugs».

A banda londiniense Shame é unha das máis inspiradas da penúltima fornada crecida ao amparo do templo do underground Windmill Brixton. A un debut prometedor pero algo disperso «Songs Of Praise» seguiulle unha secuela tan ambiciosa e brillante como cerebral e introspectiva «Drunk Tank Pink», apoiada por un directo de irresistible visceralidad; no seu terceiro asalto Shame tratan de combinar a espontaneidade perdida con máis luz, e a xogada sáelles mellor que ben. «Food For Worms» exponse como unha crúa celebración da vida. E reivindicación da amizade, esa cousa tan esencial á que moitas veces non se lle dá o peso que merece (normalmente, cando se bota de menos, como nos escuros tempos pandémicos).

Complementa o cartel Grande Amore. E faio co seu segundo disco debaixo do brazo titulado «II». Inquietude e enerxía son as palabras que mellor definen ao proxecto de Nuno Pico xunto a Clara Redondo e  Maria Grep. Mesturando o rock con sintes, elementos de tinguiduras escuras que segundo a banda beben de «Sisters of Mercy» e que sen dúbida deixan claro que estamos #ante unha das bandas máis interesantes do panorama alternativo na escena nacional.

E pecha estes primeiros nomes Melenas. De Pamplona e desde 2016 levan dando moito que falar desde que o seu álbum debut de nome homónimo esgotou dúas edicións no país. 4 mulleres compoñen a banda: Oihana Herrera Erneta, Leire Zabala Benito, María del Amor Zubiaur e Laura Torre Val. O seu estilo garage e reverbcore coounas no máis alto de artistas ás que manter baixo a lupa na escena nacional do indie pop. Agora, a finais de mes, verá a luz o seu terceiro álbum, do que xa se deu a coñecer un par de singles e onde fieis ás súas ideas dan lugar a un ritmo forte con influencias de krautrock e onde encomian o acto de dicir «NON»  a todo aquilo que é molesto nas nosas vidas.

Repercusión na provincia de Ourense

A cidade de Ourense volverá gozar dun evento sen precedentes na provincia que atraerá a persoas de toda a comunidade e do resto da península e a próxima Portugal con ganas de gozar nunha soa xornada do directo de bandas de renome. Isto tradúcese nun impacto directo na economía local, especialmente na demanda de ocupación hoteleira e hostaleira

Miles de persoas volverán facer vibrar o recinto de Expourense este sábado 21 de outubro, dando a benvida ao outono ao grande.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario