Vigo continúa coa montaxe dos elementos decorativos e luminosos do Nadal

por Redacción Vigo

Abel Caballero deu conta este martes da evolución dos traballos de montaxe dos elementos decorativos e luminosos do Nadal de Vigo, que “hoxe remata a montaxe do Castelo de Nadal e arrincará co Bosque”. O rexedor tamén sinalou que a continuación irá a Estrela Polar e Boneco de Neve, todos eles están en Policarpo Sanz e García Barbón.

Unha vez instalados estes 4 elementos continuarán coa Estrela-pórtico; o oso con agasallos e a carroza de Nadal, todos eles tamén Policarpo Sanz. Despois chegará a rúa Príncipe coas árbores conolumínicas; os corazóns iluminados no cruzamento con Eduardo Iglesias e o conxunto de animais diante do museo MARCO.

Os elementos 3D decorativos de mediano formato instalaranse en diversos puntos da cidade como a rúa Teixugueiras (Navia); en Gregorio Espino (O Calvario); Bouzas; Praza de Independencia e rúa do Progreso.

Caballero recordou que “neste momento xa se montaron os equipos do son e a Caixa de Nadal”, e avanzou que “o 30 de outubro arrinca a montaxe dos sets vexetais e a partir do 7 de novembro empeza a montaxe dos arcos lumínicos”.

“Este ano o Nadal de Vigo terá 11,5 millóns de luces LED, distribuídas por 450 rúas” explicou o alcalde, sinalando que serán 6.082 estruturas por toda a cidade; 3.708 arcos e motivos; 56 elementos de gran tamaño e 2.318 árbores con ornamentación. No tocante a gran árbore de Nadal, “medirá 40,5 metros de altura” e este ano conta cunha resolución mínima de 300 píxeles/m2.

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 Comment