O PP de Guitiriz denuncia que a alcaldesa multiplicou por catro os ingresos dos concelleiros do goberno sen dedicación

por Redacción Lugo

O voceiro popular José Manuel López Rodríguez explica que Marisol Morandeira duplicou as dietas por asistencia á xunta de goberno local —pasando de 75 a 150€— e agora convoca a este órgano semanalmente en lugar de cada 15 días

Os concelleiros do PP de Guitiriz denuncian que a alcaldesa do municipio, Marisol Morandeira, multiplicou por catro os ingresos dos concelleiros sen dedicación do goberno local.

O voceiro popular en Guitiriz, José Manuel López, explica que Marisol Morandeira duplicou a retribución por asistencia ás xuntas de goberno local, que pasan de 75 a 150€, ademais de aumentar a periodicidade das mesmas, xa que no mandato anterior eran cada 15 días e agora son todas as semanas.

O voceiro popular sinala que dos sete concelleiros do equipo de goberno, dous perciben estas retribucións, que supoñen, engadindo as asistencias a plenos e comisións, unha media de 690€ ao mes para cada un deses dous edís, o que se traduce en 8.280€ anuais.

“A realidade é que dende o goberno local defenden un aforro que non é tal xa que as retribucións que perciben os edís sen dedicación multiplicáronse por catro neste mandato”, sentenciou.

Foto portada: HombreDHojalata (Wikipedia)

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario